Manuel Taboada Gómez, nado en Laro (Silleda), é un construtor e empresario galego.
Traxectoria Nas eleccións municipais de 1987 presentouse como número cinco da candidatura de Alianza Popular ao concello de Silleda encabezada por Juan Salgueiro. Foi elixido concelleiro e nomeado concelleiro de Urbanismo e Obras. En 1988 constituíu unha sociedade en Silleda xunto á súa muller Elisa Ramos Valiñas, para dedicarse á construción Taboada y Ramos. Dimitiu como concelleiro en marzo de 1990 alegando "motivos persoais".La Voz de Galicia, 18-3-1990, p. 45.
A partir dese momento iniciou unha expansión empresarial, traballando fundamentalmente para as administracións públicas. En 1991 foi condenado xunto co concelleiro de Lalín Antonio Canda Gamallo a unha multa de cincuenta mil pesetas como autores dunha falta de imprudencia na construción da praia fluvial de Vilatuxe.La Voz de Galicia, 4-7-1991, p. 35. A empresa encargouse da construción dos polígonos de Lalín 2000 e Silleda. En 2017 foi o primeiro adxudicatario de obras da Xunta de Galicia.
Vida persoal Casado con Elisa Ramos Valiñas, é pai de Manuel Taboada Ramos.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas "Un albañil factura miles de millones en obras de la Xunta y municipios del PP", El País, 28 de maio de 1995 . "O albanel de Alianza Popular que factura 750 millóns en adxudicacións públicas", Praza Pública, 21 de maio de 2018. "La Xunta mima a Taboada y Ramos con obras millonarias, parques eólicos y concesiones", Economía Digital, 7 de abril de 2016 .
Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Concelleiros de Silleda Categoría:Concelleiros de Galicia polo PPdeG Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Silleda Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes