Deepa Mehta, nada en Amritsar o 15 de setembro de 1950, é unha directora de cine e guionista india-canadense. É coñecida pola súa "Triloxía dos elementos", composta polos filmes Fire (1996), Earth (1998) e Water (2005).

Earth foi escollido como o candidato da India para os Premios Oscar de 1999 na categoría mellor filme en lingua non inglesa, e Water foi o candidato do Canadá en 2006 e o seu primeiro filme en recibir un nomeamento nos Premios.

Cofundou Hamilton-Mehta Productions co seu marido, o produtor David Hamilton, en 1996. Recibiu un Premio Genie en 2003 polo seu guión de Bollywood/Hollywood. En maio de 2012, Mehta recibiu o premio "Governor General" polos seus éxitos artísticos, a meirande honra ás artes no Canadá.

Filmografía +AnoFilmeNotas1991Sam & Me 1994Camilla 1996Fire 1998Earth 2002Bollywood/Hollywood 2003The Republic of Love 2005Water 2008The Forgotten Woman documental - guionista 2008Heaven on Earth 2012Midnight's Children baseado na novela de Salman Rushdie2014Exclusion 2015Beeba Boyshttp://www.rediff.com/movies/report/randeep-hooda-plays-gangster-in-deepa-mehtas-next/20140822.htm2016Anatomy of Violence

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Nados en 1950 Categoría:Directores de cinema da India Categoría:Directores de cinema do Canadá Categoría:Guionistas do Canadá Categoría:Nados no Panxab, India