Nandita Das, nada en Bombai o 7 de novembro de 1969, é unha actriz e directora de cinema india. Actuou en máis de 40 filmes en dez linguas diferentes. Das foi aclamada polas súas interpretacións nos filmes Fire (1996), Earth (1998), Bawandar (2000), Kannathil Muthamittal (2002), Azhagi (2002), Kamli (2006) e Before The Rains (2007). A súa estrea como directora foi con Firaaq (2008), que se estreou no Festival de Cinema de Toronto.
Das foi xurado do Festival Internacional de Cine de Cannes en dúas ocasións. En 2005, foi xurado da competición principal xunto con Fatih Akin, Javier Bardem, Salma Hayek, Benoît Jacquot, Emir Kusturica, Toni Morrison, Agnès Varda e John Woo. En 2013, foi xurado de Cinéfondation e curtametraxes a carón de Jane Campion, Maji-da Abdi, Nicoletta Braschi e Semih Kaplanoğlu.
Traxectoria O pai de Das é o artista Jatin Das, e a súa nai é Varsha Das, unha escritora. Naceu en Bombai, mais medrou principalmente en Delhi, onde estou en Sardar Patel Vidyalaya. Obtivo o seu grao en Xeografía en Miranda House e un máster en obra social na Delhi School of Social Work, ámbalas dúas afiliadas á Universidade de Delhi.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Nados en 1969 Categoría:Nados en Bombai Categoría:Actores de cinema da India