Luar é un programa da Televisión de Galicia. Trátase dun dos grandes éxitos da TVG, sendo líder de audiencia na súa franxa horaria e cunha especial relevancia na audiencia entre os galegos emigrados a través de Galicia TV. Mantense no aire desde o 30 de setembro"Primeiro Luar na Televisión de Galicia en 1992" pasouoquepasou.crtvg.gal de 1992, presentado dende os seus inicios por Xosé Ramón Gayoso. É o segundo programa máis lonxevo da Televisión de Galicia, só por detrás do En xogo.
Traxectoria Dirixido por Teo Manuel Abad e Xosé Ramón Gayoso, realizado por Teo Manuel Abad e presentado tamén por Xosé Ramón Gayoso. Emítese en directo desde o Plató 1000 en Montouto, Teo, os venres á noite. É un programa eminentemente musical que lle dá un amplo espazo á música galega sobre todo á tradicional, aínda que no programa hai espazo para o humor e os concursos. O programa repítese os domingos ás 16:15.
Moitas figuras do audiovisual e da música galega fixeron as súas primeiras aparicións nel ou ben fixéronse coñecidos en toda Galicia como Luís Tosar, Mercedes Peón, Paula Vázquez ou Os Tonechos, pero en total pasaron polo programa máis de 5.000 artistas.
Miss Vaca O programa Luar celebra cada ano o concurso Miss Vaca onde 4 vacas compiten representando a cada unha das provincias galegas. Durante a emisión do programa o público pode votar pola súa vaca favorita por vía telefónica ou a través das redes sociais.
Participantes miniatura|300px|Laura Casares, Mucha e Nucha, Xosé Ramón Gayoso e Luis Zahera na gravación da 801ª emisión de Luar. Esta é unha lista (incompleta) dos participantes máis destacados no programa:
Alejandra Juno Anxo González Guerra Avelino González Beatriz Serén Belén Constenla Camila Bossa Campos e Crespo Cándido Pazó Carlos Blanco Carme Hermida David Amor Eva Iglesias Farruco Fátima Pego Felicia de Fofe Fernando Romay Isabel Blanco Jorge Mira Josito Porto Laura Añón Laura Casares«Luar» renueva sus votos Lucía Regueiro Lucía Veiga Luís de Matos Luís Iglesia Luís Tosar Luis Zahera como Anselmo Manuel de Andrade Manuel Mandianes Manuel Manquiña Marcos Pereiro como Nucha ou Dr. Lauren María Blanco-Fafián María Campos como Señora de Palmírez María Mera Mela Casal como Socorrito Mercedes Peón Miguel Lago No tenía trabajo aquí porque soy guapo, joven y con talento Nieves Rodríguez Luar número 100 Noelia Rey Oswaldo Digon El monologuista Oswaldo Digon actúa hoy en el Maremagnum Pablo Carpintero Arias Patricia Vázquez Paula Vázquez Pepo Suevos Ricardo de Barreiro Roberto Bodegas Rocío Barrio Rubén Riós Serxio Pazos Tania Veiras Teté Delgado Trisha Fernández Uxía Blanco Víctor Fábregas como Tucho (2002–2006) e Paco (2022) Xacobe Sanz Xosé Antonio Touriñán como Mucha Yolanda Castaño
Ex-participantes Diana Nogueira (2002–2003) Dorotea Bárcena como Amadora (2002–2006) Mariana Carballal como Maribel (2002–2006) Pantera Rodríguez Pedro Brandariz (falecido) Roberto Vilar como Tonecho (2002–2006) Xosé Luís Blanco Campaña
Audiencia Tempada tras tempada sitúase entre os cinco primeiros na clasificación dos programas galegos máis vistos. Luar foi o quinto programa máis visto da TVG na tempada 2006-07, con 181.000 espectadores de media e o segundo en cota de pantalla cunha porcentaxe do 22,71%. Na tempada 2007-08 sufriu un pouco o desgaste e a fragmentación da audiencia ao facer unha media de 175.000 espectadores cun 20,54% de audiencia. En 2022 seguía liderando a audiencia con fenómenos como as Tanxugueiras.
Galardóns e nomeamentos Premios Mestre Mateo Ano Categoría Receptor Resultado2002Mellor programa de televisiónTVGNomeadoMellor comunicador de televisiónXosé Ramón Gayoso Gañador2003Mellor programa de televisiónTVGNomeado2010Mellor comunicador de televisiónXosé Ramón Gayoso Nomeado2013Mellor realizadorCarola Prego GrueiroNomeadaMellor programa de televisiónTVGNomeadoMellor comunicador de televisiónXosé Ramón Gayoso Gañador2014Mellor programa de televisiónTVGNomeado2015Mellor comunicador/a de televisiónLucía Regueiro Nomeada 2025: Premios Rebulir da Cultura Galega.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha artística en culturagalega.org Unha ducia de lembranzas do programa Luar. Praza.gal
Categoría:Programas de entretemento da TVG