(; ), máis coñecido en occidente como Saladino, nado en Tikrit en 1138 e finado en 1193 en Damasco, foi un dos grandes gobernantes do mundo islámico, sendo o primeiro sultán de Exipto e Siria, e incluíndo nos seus dominios partes dos estados cruzados, Mesopotamia, Iemen, Hiyaz e Libia.The Columbia Encyclopedia, 6.ª edición. 2001-05 Columbia University Press. Con el comezou a dinastía aiúbida, que gobernaría Exipto e Siria tras a súa morte. Proveniente dunha familia kurda, Saladino foi unha figura importante na terceira cruzada, na que liderou os esforzos militares musulmáns en contra dos estados cruzados no Levante. Nestas guerras contra os cruzados cristiáns, Saladino alcanzou unha enorme vitoria coa captura de Xerusalén (2 de outubro de 1187), pondo fin desta maneira a case nove décadas de ocupación dos francos.
Defensor do islam e particularmente da ortodoxia relixiosa representada polo sunnismo, unificou política e relixiosamente o Oriente Próximo ao combater e liderar a loita contra os cristiáns cruzados e acabar con doutrinas afastadas do culto oficial musulmán que representaba o califato abbásida. É particularmente coñecido por vencer na batalla de Hattin aos cruzados, tras o cal volveu ocupar Xerusalén para os musulmáns e tomou Terra Santa. O impacto deste acontecemento en Occidente provocou a terceira cruzada, liderada por Ricardo I de Inglaterra, que se converteu en mítica tanto para cristiáns como para musulmáns.
Xunto co seu tío Shirku, xeneral da dinastía zenguí, Saladino foi enviado ao Exipto fatimí en 1164, por ordes do gobernante zenguí Nur al-Din, co propósito orixinal de axudar a restaurar a Shawar como visir do califa adolescente fatimí al-Adid. Con todo, cando Shawar retornou ao cargo de visir estalou unha loita polo poder entre este e Shirku. Saladino, namentres, escalou posicións dentro do goberno fatimí grazas ás súas vitorias militares contra asaltos cruzados, ademais da súa proximidade persoal con al-Adid. Despois do asasinato de Shawar e da morte de Shirkuh en 1169, al-Adid nomeou a Saladino visir. Durante o seu tempo no cargo, Saladino, un musulmán sunnita, empezou a socavar o establecemento fatimí, e tras a morte da al-Adid en 1171, procedeu a abolir o califato fatimí xiíta ismailí centrado no Cairo, e realineou a Exipto co califato abbásida centrado en Bagdad.
Nos anos seguintes, Saladino liderou incursións contra os cruzados en Palestina, encargou a exitosa conquista do Iemen e evitou rebelións prol fatimíes en Exipto. Pouco despois da morte de Nur al-Din en 1174, Saladino lanzou a súa conquista de Siria e entrou pacíficamente en Damasco a petición do seu gobernador. A mediados de 1175, Saladino conquistara Hama e Homs, provocando a animosidade doutros señores zenguís, que eran os gobernantes oficiais dos principados de Siria. Posteriormente derrotou aos zenguís na batalla dos Cornos de Hama en 1175, e foi logo proclamado "Sultán de Exipto e Siria" polo califa abasí al-Mustadí. Saladino lanzou novas conquistas no norte de Siria e a Alta Mesopotamia, escapando de dous atentados contra a súa vida por parte dos Asasinos, antes de regresar a Exipto en 1177 para lidar alí cos problemas locais. Para 1182, Saladino completara a conquista da Siria islámica despois de capturar Alepo, aínda que non logrou apoderarse da fortaleza zenguí en Mosul.
Baixo o mando de Saladino, o exército aiubí derrotou aos cruzados na decisiva batalla dos Cornos de Hattin en 1187, capturando Xerusalén e restablecendo o dominio militar musulmán no Levante. Aínda que o Reino de Xerusalén dos cruzados persistiu até finais do século XIII, a derrota en 1187 marcou un punto de inflexión no esforzo militar cristián contra as potencias musulmás na rexión. Saladino morreu en Damasco en 1193, despois de doar gran parte da súa riqueza persoal aos seus súbditos. A súa fama transcendeu o temporal e converteuse nun símbolo de caballerosidade medieval, mesmo para os seus inimigos. Está enterrado nun mausoleo adxacente á Mesquita dos Omeias. Ademais da súa importancia para a cultura e relixión musulmás, Saladino é venerado de maneira destacada nas culturas kurda, túrquica e árabe. Con frecuencia describíuselle como a figura kurda máis famosa da historia. Traxectoria Primeiros anos miniatura|upright|esquerda|Un debuxo do nacemento de Saladino. Móstrase ao seu pai, Najm ao-din, levándoo en brazos. Saladino naceu en Tikrit,(na provincia actualmente chamada Salah ad Din no seu honor) no actual Iraq. O seu nome persoal era "Yusuf"; "Salah ad-Din" é un laqab , un epíteto honorífico que significa "Xustiza da Fe".H. A. R. Gibb, "The Rise of Saladin", in A History of the Crusades, vol. 1: The First Hundred Years, ed. Kenneth M. Setton (University of Wisconsin Press, 1969). p. 563. A súa familia era de ascendencia kurda, The medieval historian Ibn Athir relates a passage from another commander: "...both you and Saladin are Kurds and you will not let power pass into the hands of the Turks." Minorsky (1957): The biographer Ibn Khallikan wrote, "Historians agree in stating that [Saladin's] father and family belonged to Duwin. ... They were Kurds and belonged to the Rawādiya [sic], which is a branch of the great tribe al-Hadāniya": Minorsky (1953), p. 124. e era orixinaria da aldea de Ajdanakan preto da cidade de Dvin, no centro de Armenia. Era fillo dun mercenario kurdo, Najm ad-Din Ayyub. A tribo Rawadiya da que procedía fora parcialmente asimilada ao mundo de fala árabe nese momento
Na época de Saladino, ningún erudito tiña máis influencia que o xeque Abdul Qadir Gilani, e Saladino recibiu unha forte influencia e axuda del e dos seus alumnos. En 1132, o exército derrotado de Zengi, o atabeg de Mosul, atopouse con que a súa retirada estaba bloqueada polo río Tigris fronte á fortaleza de Tikrit, onde o pai de Saladino, Najm ad-Din Ayyub, exercía de gardián. Ayyub proporcionou barcas ao exército e deulles refuxio en Tikrit. Mujahid ad-Din Bihruz, un antigo escravo grego que fora nomeado gobernador militar do norte de Mesopotamia polos seus servizos ao selxúcidas, reprendeu a Ayyub por dar refuxio a Zengi e, en 1137, expulsouno de Tikrit despois de que o seu irmán Asade ad-Din Shirkuh matase a un amigo de Bihruz. Segundo Baha ad-Din ibn Shaddad, Saladino naceu a mesma noite en que a súa familia abandonou Tikrit. En 1139, Ayyub e a súa familia trasladáronse a Mosul, onde Imad ad-Din Zengi recoñeceu a súa débeda e nomeou a Ayyub comandante da súa fortaleza en Baalbek. Tras a morte de Zengi en 1146, o seu fillo, Nur ad-Din, converteuse en rexente de Alepo e líder dos zengidas.
Saladino, que agora vivía en Damasco, era, segundo dise, moi afeccionado á cidade, pero a información sobre a súa infancia é escasa. Sobre a educación, Saladino escribiu: «Os nenos son educados da mesma maneira que foron educados os seus maiores». Segundo os seus biógrafos, Anne-Marie Eddé e al-Wahrani, Saladino era capaz de responder preguntas sobre Euclides, o Almaxesto, aritmética e dereito, pero tratábase dun ideal académico. Foi o seu coñecemento do Corán e as «ciencias da relixión» o que o vinculou cos seus contemporáneos; varias fontes afirman que durante os seus estudos estaba máis interesado nos estudos relixiosos que en alistarse no exército. Outro factor que podía influír no seu interese pola relixión foi que, durante a primeira cruzada, Xerusalén foi conquistada polos cristiáns. Ademais do islam, Saladino coñecía as xenealoxías, biografías e historias dos árabes, así como as liñaxes dos cabalos árabes. Máis significativo aínda, sabíase de memoria o Hamasah do poeta Abu Tammam. Falaba kurdo e árabe, e sabía turco e persa.
Personalidade e inclinacións relixiosas miniatura|upright|Moeda de Saladino, con coroa ao estilo sasánida. datado no ano 578 da H.E. (1182/3 d.C.). Segundo Baha ad-Din ibn Shaddad (un dos biógrafos contemporáneos de Saladino), Saladino era un musulmán piadoso: encantáballe escoitar recitacións do Corán, rezaba puntualmente e "odiaba aos filósofos, a aqueles que negaban os atributos de Deus, aos materialistas e a quen rexeitaban obstinadamente a lei sacra". Tamén era partidario do sufismo e mecenas das khanqahs (albergues sufíes) en Exipto e Siria, ademais das madrasas que impartían ensinos do sunismo ortodoxo. Por encima de todo, era un devoto da xihad:
En 1174, Saladino ordenou o arresto dun místico sufí, Qadid al-Qaffas (), en Alexandria. En 1191, ordenou ao seu fillo que executase en Alepo ao filósofo sufí Yahya al-Suhrawardi, fundador da corrente iluminacionista da filosofía islámica. Ibn Shaddad, que describe este suceso no capítulo dedicado á piedade do sultán, afirma que Al-Suhrawardi "rexeitou a Lei Sacra e declarouna inválida". Tras consultar con algúns dos “ulema” (eruditos relixiosos), Saladino ordenou a execución de al-Suhrawardi. Saladino tamén se opuxo á Orde dos Asasinos, unha seita extremista ismailí xiíta de Irán e Siria, á que consideraba herética e demasiado próxima aos cruzados.
Saladino acolleu aos sufíes asiáticos en Exipto e el e os seus seguidores fundaron e equiparón numerosas khanqahs e zauías, das que al-Maqrizi ofrece unha longa lista. Pero aínda non está claro cales eran realmente os intereses de Saladino nas khanqahs e por que quería especificamente sufíes de fóra de Exipto. As respostas a estas preguntas atópanse no tipo de sufíes que desexaba atraer. Ademais de esixir que os sufíes procedesen de fóra de Exipto, a waqfiyyaO waqf é unha doazón relixiosa inalienable no Islam, tipicamente un edificio ou terras ofrecidas, en usufructo a perpetuidade, por unha persoa a relixiosos musulmáns ou para obras de utilidade pública ou caritativa. parece especificar que fosen dun tipo moi concreto:
Primeiras expedicións miniatura|upright|Soldados aiubíes ou zengíes con vestimenta típica dos selxúcidas. e sombreiros sharbush o igual que os da ”copa Palmer" (1200-1215) Namentres, Exipto estaba nun período de inestabilidade. Nos momentos finais do Califato fatimí o país estaba en crise, ameazado polos cruzados, que ocuparan Ascalón e ameazaban a fronteira aliados cos bizantinos, así como en guerra civil polos diversos aspirantes ó cargo de visir.
A carreira militar de Saladino comezou baixo a tutela do seu tío paterno Asad ad-Din Shirkuh, un destacado comandante militar ao servizo de Nur ad-Din, emir zengida de Damasco e Alepo e o mestre máis influente de Saladino. En 1163, o visir do califa al-Adid da dinastía fatimí, Shawar, foi expulsado de Exipto polo seu rival Dirgham, membro da poderosa tribo Banu Ruzzaik. Este pediu apoio militar a Nur ad-Din, quen accedeu e, en 1164, enviou a Shirkuh para axudar a Shawar na súa expedición contra Dirgham. Saladino, á idade de 26 anos, acompañounos. Despois de que Shawar fose reinstaurado con éxito como visir, esixiu a Shirkuh que retirase o seu exército de Exipto a cambio dunha suma de 30 000 dinares de ouro, pero este negouse, insistindo en que era vontade de Nur ad-Din que permanecese alí. O papel de Saladino nesta expedición foi secundario, e sábese que Shirkuh ordenoulle recoller provisións en Bilbais antes do seu asedio por unha forza combinada de cruzados e as tropas de Shawar.