Jordan Lee Pickford, nado en Washington o 7 de marzo de 1994, é un futbolista inglés que xoga como porteiro do Everton e mais da selección inglesa.

Traxectoria Procedente da academia do Sunderland, chegou á selección de reservas do Suderland en 2011 e xogou cedido co Darlington, Alfreton Town, Burton Albion, Carlisle United, Bradford City e Preston North End. Asinou co Everton por 25 millóns de libras en xuño de 2017.

Pickford representou a Inglaterra nas seleccións sub 16, sub 17, sub 18, sub 19, sub 20, sub 21 accedendo á absoluta para o partido de cualificación para o mundial de 2018 contra Eslovenia en outubro de 2016, aínda que non saíu ao campo ata novembro de 2017 nun amigable contra Alemaña que rematou cun empate a cero .

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil no sitio web oficial do Everton FC Perfil en SoccerBase.com

Categoría:Nados en 1994 Categoría:Nados en Tyne e Wear Categoría:Futbolistas de Inglaterra Categoría:Gardametas de fútbol Categoría:Xogadores do Sunderland AFC Categoría:Xogadores do Carlisle United FC‎ Categoría:Xogadores do Bradford City AFC‎ Categoría:Xogadores do Preston North End FC‎ Categoría:Xogadores do Everton FC Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Inglaterra Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2022 Categoría:Xogadores da Eurocopa de Fútbol de 2024 Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2026