miniatura|dereita|130px|A verba "coala" deriva de "gula" nas linguas dharug e gundungurra. A lingua dharug (tamén coñecida como sydney, darug ou iyora), é unha lingua aborixe australiana do grupo de linguas yuin–kuric que se falaba na rexión de Sydney, Nova Gales do Sur. Era a lingua tradicional dos pobos darug e eora. O dharug está clasificado como en perigo crítico polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.
Recuperación miniatura|esquerda|Jakelin Troy no congreso CinC2017 (Alcanena, Portugal) sobre a recuperación da lingua dharug. Malia que a lingua dharug está clasificada como extinta, conta cun pequeno número de falantes entre os membros da nación darug e existen esforzos polo facer revivir a lingua. No 2005, a lingua dharug recuperou falantes vivos a través dos esfuerzos do campus Chifley College Dunheved en Sydney.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de linguas aborixes de Australia
Categoría:Linguas de Australia