El Eco Franciscano foi unha revista católica en castelán, publicada en Santiago de Compostela desde o 15 de maio de 1884 ata 1968, de periodicidade primeiramente mensual e logo quincenal case chegou aos 1 500 números.

Descrición Publicou textos en galego de Juan Barcia Caballero, Salvador Cabeza de León, Dolores del Río Sánchez-Granados, Luciano Piñeiro, José Pose Gerpe, Manuel Posse Rodríguez, Eladio Rodríguez González e os frades Alfonso Rey e Agustín González, entre outros

No ano 1899 a revista traduciu ó galego textos relixiosos italianos e na Guerra civil española apareceron ocasionalmente algúns textos en galego, correspondentes a Añual (Eleuterio Luaña Fernández).

Entre os directores da publicación destacan Plácido Ángel Rey Lemos, Samuel Eiján, Atanasio López Fernández e José Isorna.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos

Familia franciscana

Categoría:Revistas editadas en Galicia Categoría:Ordes franciscanas