Allahrakka Rahman, nado como A. S. Dileep Kumar en Madrás, Tamil Nadu o 6 de xaneiro de 1967, é un compositor, cantautor e produtor musical indio máis coñecido profesionalmente como A. R. Rahman. A obra de A. R. Rahman caracterízase por mesturar música clásica india con música electrónica, world music e arranxos orquestrais tradicionais. Entre os seus premios están seis National Film Awards, dous Premios Oscar, dous Premios Grammy, un BAFTA, un Globo de Ouro, quince Premios Filmfare e dezasete Filmfare Awards South. No 2010 recibiu o Padma Bhushan, o terceiro recoñecemento civil máis importante do Goberno da India. En 2009, Rahman foi incluído na lista Time das 100 persoas máis influentes do mundo. A revista musical británica Songlines considerouno unha "Icona da música do mundo do mañá" en agosto de 2011. Os seareiros do sur da India refírense a Rahman co alcume do "Mozart de Madrás" e "Isai Puyal" ().
No seu propio estudio de gravación (Panchathan Record Inn en Chennai), a carreira de composición de bandas sonoras de Rahman empezou a comezos da década de 1990 co filme támil Roja. Traballou para a industria do cinema indio, cinema internacional e teatro, e está considerado como un dos artistas con máis vendas, cunha estimación de 200 millóns de copias vendidas. Ó longo da súa carreira de máis de dúas décadas, foi aclamado por refedinir a música india contemporánea e por contribuír no éxito de numerosos filmes. Rahman tamén é filántropo e activista de causas humanitarias, doando e recadando fondos para numerosas causas. En 2017, Rahman fixo o seu debut como director e guionista de cinema co filme Le Musk.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial
Ficha en AllMusic
Categoría:Nados en 1967 Categoría:Artistas de Columbia Records