Otta Helene Maree Zille, nada en Xohanesburgo o 9 de marzo de 1951, é unha política surafricana, Xefe de Goberno da provincia de Cabo Occidental, membro do Parlamento da Provincia, líder do partido da oposición Alianza Democrática e exalcaldesa de Cidade do Cabo.

Traxectoria Estudou xornalismo na Universidade de Witwatersrand. foi activista antiapartheid, e a finais da década de 1970, mentres traballaba no Rand Daily Mail, denunciou o asasinato do líder do Movemento de Conciencia Negra, Steve Biko. Tamén traballou co Black Sash e outros grupos favorables á democracia a finais da década de 1980. En 2008 recibiu o premio á mellor alcaldesa do mundoHelen Zille, gañadora do premio World Mayor Prize en 2008 . En 2017 foi destituída das súas funcións no seu partido por apoloxía da colonización.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas www.helenzille.co.za

Categoría:Políticos de Suráfrica Categoría:Activistas de Suráfrica Categoría:Alumnos da Universidade de Witwatersrand Categoría:Profesores da Universidade de Witwatersrand Categoría:Nados en Xohanesburgo Categoría:Nados en 1951