Patricia de Lille, nada en Beaufort West o 17 de febreiro de 1951, é unha política surafricana, alcaldesa de Cidade do Cabo desde 2011.
Traxectoria dereita|miniatura|De Lille no concerto en homenaxe a Nelson Mandela no Cape Town Stadium en 2013. Foi á Bastiaanse Hoërskool. Entre 1974 e 1990 traballou como técnica de laboratorio nunha fábrica. Nesa época afiliouse ao Sindicato de Traballadores da Industria Química de Suráfrica (South African Chemical Workers Union), e chegou a ser membro da Executiva Nacional. En 1988 foi elixida vicepresidenta do National Council of Trade Unions. É fundadora e líder do partido Demócratas Independentes (Independent Democrats, ID), creado en 2003. En agosto de 2010 o partido integrouse na Alianza Democrática (Democratic Alliance). De Lille foi nomeada candidata á alcaldía de Cidade do Cabo, derrotando o a Dan Plato nas eleccións de 2011.
Levou a cabo unha campaña para investigar o tráfico de armas en Suráfrica.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas City Mayors' Mayor of the Month for May 2013
Categoría:Nados en 1951 Categoría:Nados na provincia do Cabo Occidental Categoría:Políticos de Suráfrica Categoría:Alcaldes de capitais do mundo Categoría:Cidade do Cabo