Savannah Anne Kathleen Phillips, nada en Gloucester (Inglaterra) o 29 de decembro de 2010, é unha nobre británica. Ocupa a posición 15° na liña de sucesión ao trono. Traxectoria E a filla de Peter Phillips -fillo de Ana do Reino Unido- e mais Autumn Patricia Kelly. É a primeira bisneta da raíña Isabel II do Reino Unido e do seu marido o duque Filipe de Edimburgo. Non ten título real. Foi bautizada o 23 de abril de 2011 preto da residencia da súa avoa Ana.
Categoría:Familia real británica Categoría:Nados en 2010 Categoría:Nados en Gloucestershire Categoría:Personalidades sen imaxes