O Palacio Real de Queluz (en portugués: Palácio Real de Queluz), tamén coñecido como Palacio Nacional de Queluz é un palacio do século XVIII localizado na cidade de Queluz, no concello de Sintra, distrito de Lisboa (Estremadura). Un dos últimos grandes edificios en estilo rococó erguidos na Europa, o palacio foi construído como unha residencia de verán para Pedro de Bragança, que viría a ser máis tarde marido e rei consorte da súa sobriña, a raíña María I de Portugal.

A súa construción iniciouse no ano 1747, tendo como arquitecto a Mateus Vicente de Oliveira. Malia ser moito máis pequeno, é coñecido como o Versalles portugués. A partir de 1826, o palacio lentamente deixou de ser o favorito dos soberanos portugueses. En 1908 pasa a ser propiedade do estado. Despois dun grave incendio en 1934, o cal destruíu o seu interior, o palacio foi extensivamente restaurado, e hoxe en día atópase aberto ao público.

Dende 1910 está declarado Monumento Nacional.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Páxina web oficial do palacio

Categoría:Palacios Categoría:Monumentos nacionais de Portugal