Ilia Devin (), nado o 20 de xullo de 1922 en Sire Теrizmorga e finado o 13 de novembro de 1998 en Saransk, foi un xornalista e escritor mordovo, un dos principais escritores en lingua moksha.

Traxectoria Naceu no seo dunha familia labrega e estudou na súa localidade natal. Loitou en varias frontes durante a segunda guerra mundial co Exército Vermello e logo da guerra traballou na radio estatal de Mordova mais nas publicacións periódicas Mokšen Pravda e Mokša. Membro da Unión de Escritores de Rusia dende 1949, foi o presidente da Unión de Escritores da República de Mordovia (1971-1984). Membro do Consello Supremo da RSS de Mordovia (1975-1980), delegado no XXV Congreso do PCUS (1976) Actividade literaria Comezou a escribir durante os seus anos escolares, publicou o seu primeiro poema en 1939 na revista Kolkhozon Eriaf e nos anos seguintes publicou en diversas revistas mordovas. Durante a guerra publicou en revistas militares e en 1945 publicou o seu primeiro libro, unha selección da súa poesía militar, Šobdavan Zari "Девин Илья Максимович" , moypolk.ru. Ao longo da súa vida publicou 20 librosДевин Илья Максимович на сайте «Библиотека мордовской литературы», tanto de poesía como de prosa. Pero a súa obra principal é a novela Nariše que saíu do prelo en 1969, ambientada nos anos inmediatamente posteriores á guerra nunha aldea mordova, a trama céntrase na nova xeración que participa activamente en todas as esferas de actividade nuns anos marcados polas dificultades causadas pola guerra e polas moitas pexas que poñen os membros da vella xeración aos avances.

Notas

Categoría:Nados en 1922 Categoría:Escritores en lingua moksha Categoría:Finados en 1998 Categoría:Nados en Mordovia Categoría:Xornalistas de Rusia Categoría:Políticos da Unión Soviética