A Liga Nacional de Rugby é unha asociación de clubs da División de Honra do rugby español creada en 2018 co obxectivo de organizar a máxima competición nacional a nivel de clubs a partir do ano 2019 en coordinación coa Federación Española de Rugby, que é a organizadora das 51 edicións disputadas até a data e a propietaria de tódolos dereitos. A LNR toma como modelos as asociacións creadas noutros deportes como fútbol (LFP), baloncesto (ACB) ou balonmán (ASOBAL), onde os clubs autoxestionan a máxima competición. Historia A nova asociación foi presentada o 26 de maio de 2018 no Estadio José Zorrilla de ValladolidPresentada la Asocación de Clubes de Rugby, artigo na web oficial da Revista 22. e a primeira asemblea levouse a cabo o 29 de xuño de 2018 no Colexio Maior Ximénez de Cisneros de Madrid. Nela tomou posesión o primeiro comité executivo formado por:“FER y Liga Nacional de Rugby firmarán un Convenio para repartirse las competencias”, artigo na web oficial de Revista 22. Presidente: Macario Fernández-Alonso Trueba (do club Independiente) Secretario: Ignacio Sicilia Doménech (do club Aparejadores) Tesoureiro: Luis Ignacio Ardila Jiménez (do club Alcobendas) Vocal: José María Valentín-Gamazo (do club VRAC) Vocal: Alberto Malo Navío (do club Santboiana)
Os trece clubs fundadores foron os doce que disputarán a edición 2018-2019 da División de Honra e mailo equipo que perdeu a categoría na edición previa: Valladolid Rugby Asociación Club Club de Rugby El Salvador Club Alcobendas Rugby Independiente Rugby Club Ordizia Rugby Elkartea Unió Esportiva Santboiana Fútbol Club Barcelona Gernika Rugby Taldea Club de Rugby Cisneros Club de Rugby La Vila Hernani Club de Rugby Elkartea Club Deportivo Aparejadores Rugby Burgos Getxo Rugby Taldea
Na asemblea constituínte foron creados tres grupos de traballo: deportivo, económico e xurídico.
O comité xurídico quedou integrado por: José Antonio Garrote Mestre (do club VRAC) Juan Anto Iñaki Uribe Gerendiain (do club Gernika) Álvaro de Diego Alegre (do club Aparejadores) Paco González (do club Independiente) Javier González Clouté (do club El Salvador)
O comité de márketing quedou integrado por: José María Valentín Gamazo (do club VRAC) Peter Boland (do club Alcobendas) Fernando Pérez (do club El Salvador) Javier Castanedo (do club Independiente)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Conta oficial en Twitter da LNR Páxina web oficial da Federación Española de Rugby Outros artigos
Categoría:División de Honra de Rugby Categoría:Rugby en España