A Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios (AEMPS), en castelán Agencia Española de Medicamentos y Productos Sanitarios (AEMPS), é unha Axencia estatal de España que foi creada pola Lei 66/1997, de 30 de decembro, con rango de organismo autónomo até 2011 e a partir de entón como axencia estatal.

Depende do Ministerio de Sanidade e as súas competencias foron ampliadas pola Lei 50/1998. Pola Lei 16/2003, de Cohesión e Calidade do Sistema Nacional de Saúde, determina que son competencias da Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios a avaliación e autorización dos produtos sanitarios e cosméticos.

A Axencia Española do Medicamento está presidida por quen ostenta a Secretaría Xeral de Sanidade e Consumo. E a súa directora, desde do 20 de xullo de 2018, é María Jesús Lamas Díaz.María Jesús Lamas, nueva directora de la Agencia Española del Medicamento, Faro de Vigo, 20/07/2018.María Jesús Lamas promete «trabajar duro» en la agencia del medicamento. La Voz de Galicia, 21/07/2108.

Funcións As principais funcións da Axencia son:Qué es y cómo funciona la Agencia Conceder a autorización de comercialización dos medicamentos de uso humano fabricados industrialmente, e a revisión e adecuacións aos xa comercializados. Participar na planificación e avaliación dos medicamentos de uso humano que se autoricen pola Unión Europea a través da Axencia Europea de Medicamentos (EMA). Avaliar e autorizar os ensaios clínicos e os produtos en fase de investigación clínica. Autorizar os laboratorios farmacéuticos de medicamentos de uso humano. Desenvolver o sistema español de farmacovixilancia. Controlar os medicamentos de competencia estatal. Xestionar a Real Farmacopea Española. As competencias relativas a estupefacientes e psicotrópicos que regulamentariamente se determinen. Actividades de avaliación, rexistro, autorización, inspección, vixilancia e control de medicamentos de uso humano e veterinario e produtos sanitarios, cosméticos e de hixiene persoal. Avaliación de conformidade de produtos sanitarios como Organismo Notificado número 0318 outorgando o marcado CE de conformidade segundo as directivas 93/42/EEC, 90/385/EEC e 98/79/EC.

Organigrama A estrutura da Axencia é: Presidencia da Axencia. Vicepresidencia da Axencia. Dirección. Secretaría Xeral. Departamento de Inspección e Control de Medicamentos. Departamento de Medicamentos de Uso Humano. Departamento de Medicamentos de Uso Veterinario. Departamento de Produtos Sanitarios. Consello Reitor. Comisión de Control. Comités de expertos.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Farmacoloxía

Ligazóns externas Agencia Española de Medicamentos y Productos Sanitarios.

Categoría:Farmacia Categoría:Farmacoloxía Categoría:Institucións científicas de España Categoría:Axencias estatais de España