Ayame 1, tamén coñecido como ECS 1 (Experimental Communication Satellite 1) foi un satélite de comunicacións construído por Mitsubishi Electric para a axencia espacial xaponesa NASDA e lanzado o 6 de febreiro de 1979 mediante un foguete N-1 desde o Centro Espacial de Tanegashima.

Características A misión de Ayame 1 consistía en facer experimentos de comunicacións e de propagación desde órbita, seguindo a misión do satélite ETS 2. Tiña forma de cilindro de 1,9 m de altura e 1,4 m de diámetro e estabilizábase mediante xiro. Dun dos extremos sobresaían catro antenas para VHF, mentres que do outro dúas antenas de prato, cun mecanismo para non rotar co resto do satélite, usaríans para comunicacións en banda C e banda K.

Despois do lanzamento, Ayame 1 foi posto nunha órbita de transferencia cara a órbita xeoestacionaria. O 9 de febreiro, dez segundos despois de acender o seu motor de apoxeo para chegar á órbita final, o satélite deixou de transmitir.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Ayame 2

Categoría:Satélites artificiais