miniatura|350px|Gráfico da distribución da auga na Terra. Só o 3% da auga da Terra é auga doce. A maioría dela está nos casquetes de xeo e glaciares (69%) ou é auga subteránea (30%), mentres que todos os lagos, ríos e pantanos xuntos supoñen só unha pequena fracción (0,3%) das reservas totais de auga doce na Terra. Os recursos hídricos son os recursos naturais de auga que son potencialmente útiles. Os usos da auga son o agrícola, industrial, doméstico, recreativo e medioambiental. Todos os seres vivos requiren de auga para crecer e reproducirse, que é o principal compoñente dos seus corpos.

O 97% da auga da Terra é auga salgada e só o 3% restante é doce; algo máis de dous terzos desta está conxelada nos glaciares e nos casquetes de xeo polares. O resto da auga sen conxelar encóntrase principalmente no subsolo como auga subterránea, e só unha pequena fracción está presente sobre a superficie ou no aire.

A auga doce é un recurso renovable, aínda que a reseva mundial de auga subterránea está a diminuír constantemente, especialmente en Asia, Suramérica e Norteamérica, aínda que non está clara a cantidade de renovación natural que podería equilibrar o seu consumo, e se os ecosistemas están ameazados. Diversas leis regulan os usos e dereitos de augas.

Fontes de auga doce

Auga superficial

miniatura|O lago Chungará e o volcán Parinacota no norte de Chile.

Esta auga superficial é a auga de ríos, lagos ou zonas húmidas de auga doce. A auga superficial recárgase de forma natural polas precipitacións e pérdesede forma natural pola súa descarga nos océanos, evaporación, evapotranspiración e recarga de acuíferos.

Aínda que as entradas naturais a calquera sistema de auga superficial son só precipitacións dentro da cunca de drenaxe, a cantidade total de auga nese sistema nun momento dado tamén depende de moitos outros factores. Estes factoes inclúen a capacidade de almacenamento en lagos, zonas húmidas e encoros artificiais, a permeabilidade do solo baixo os corpos de almacenamento, a escorredura superficial característicos dos terreos da cunca, o momento das precipitacións e as taxas de evaporación locais. Todos estes factores afectan tamén á proporción de perda de auga.

As actividades humanas poden ten un impacto grande e ás veces devastador sobre estes factores. Os humanos adoitan incrementar a capacidade de almacenamento construíndo encoros e diminuíla ao drenar as zonas húmidas. Os humanos a miúdo incrementan cantidade e velocidade da escorredura superficial ao pavimentar grandes áreas e canalizar o fluxo de ríos.

A cantidade total de auga dispoñible nun momento dado é algo moi importante a considerar. Algúns usarios de auga humanos teñen unha necesidade intermitente de auga. Por exemplo, moitas granxas necesitan grandes cantidades de auga na primavera, e ningunha no inverno. Para fornecer auga a esas granxas, un sistema de auga superficial pode requirir unha alta capacidade de almacenamento para recoller a auga ao longo de todo o ano e liberala nun curto período de tempo. Outros usuarios teñen unha necesidade continua de auga, como unha central enerxética que require auga para o arrefriamento. Para subministrarlle auga a esa central, un sistema de auga superficial só necesita unha capacidade de almacenamento suficiente como para encherse cando o fluxo medio dos ríos está debaixo das necesidades da central.

Non obstante, a longo prazo a velocidade media de precipitación nunha cunca é o límite superior para o consumo medio de auga superficial natural desa cunca.

A auga superficial pode aumentarse importando auga superficial doutra cunca por medio de canles ou tubaxes. Pode aumentarse artificialmente tamén a partrir de calquera outro recurso dos mencionados; porén, na práctica, as cantidades son pouco significativas. Os humanos poden tamén causar que a auga superficial se "perda" (é dicir, se converta en non usable) por culpa da contaminación.

Estímase que o Brasil é o país que ten as maiores reservas de auga doce do mundo, seguido de Rusia e o Canadá.

Fluxo baixo os ríos

Ao longo do curso dun río, o volume total de auga transportado río abaixo adoita ser unha combinación da auga libre visible que flúe polo río xunto cunha contribución substancial que flúe entre as rochas e sedimentos que están por debaixo do río e da súa chaira de inundación, o que se chama zona hiporreica. En moitos ríos de vales grandes, este compoñente que non se ve do fluxo pode exceder en moito ao fluxo visible. A zona hiporreica adoita formar unha interface dinámica entre a auga superficial e a auga subterránea dos acuíferos, que intercambia fluxo entre os ríos e os acuíferos que pode ser completamente cargada ou consumida. Isto é especialmente significativo nas áreas carsticas nas que as covas e ríos subterráneos son comúns.

Auga subterránea

300px|miniatura|Tempos de viaxe relativos da auga subterránea na subsuperficie

A auga subterránea é auga, xeralmente doce, localizada no espazo dos poros subsuperficiais do solo e rochas. Tamén é auga que está fluíndo dentro dos acuíferos baixo a táboa de auga. Ás veces é útil facer distincións entre a auga subterránea que está estreitamente asociada coa auga superficial e a máis profunda dun acuífero (ás veces chamada "auga fósil").

miniatura|esquerda|200px|Unha fonte de auga nunha vila da Ucraína central

A auga subterránea pode considerarse da mesma maneira que a auga superficial en canto a entradas, saídas e almacenamento. A diferenza esencial é que debido á súa lenta velocidade de renovación, o almacenamento da auga subterránea é xeralmente moito maior (en volume) comparado coas entradas nas augas superficiais. Esta diferenza fai máis doado para os humanos usar a auga subterránea de forma insustentable durante longo tempo sen graves consecuencias inmediatas. No obstante, a longo prazo a velocidade media de filtración sobre unha fonte de auga subterránea é o límite máxio do consumo medio de auga que se pode facer procedente desa fonte.

A entrada natural de auga para as augas subterráneas é a filtración desde a auga superficial. As saídas naturais de auga subterránea son os mananciais e a filtración cara ao océano.

Se a fonte de auga superficial está tamén suxeita a unha evaporación substancial, unha fonte de auga subterránea pode salinizarse. Esta situación pode ocorrer de forma natural en corpos endorreicos de auga, ou artificialmente pola rega agrícola. En áreas costeiras, o uso humano de auga subterránea pode causar que a dirección da filtración da auga cara ao océano se inverta, o que pode causar a salinización do acuífero e tamén a salinización do solo. Os humanos poden tamén causar a "perda" de auga subterránea por contaminación (é dicir, faise non utilizable). Os humanos poden incrementar a entrada a unha fonte de auga subterránea construíndo encoros ou lagoas de retención.

Auga conxelada miniatura|Iceberg preto de Terra Nova

É a auga contida nos xeos polares ou de alta montaña formando parte de casquetes, glaciares ou permafrost. Propuxéronse varios esquemas para usar os icebergs como fonte de auga, porén, ata agora isto só se fixo con propósitos de investigación. A escorredura da fusión dos glaciares considérase auga superficial.

Os Himalaias, denominados "O teito do mundo", conteñen algunhas das áreas de maior altitude e extensión e a maior área de glaciares e permafrost fóra dos polos. Dez dos ríos máis grandes de Asia nacen alí, e máis de mil millóns de persoas dependen para vivir deles. Porén, as temperaturas alí están elevándose máis rapidamente que a media global. No Nepal, a tempertura ascendeu 0,6 graos Celsius na última década, mentres que globalmente a Terra queceu en aproximadamente 0,7 graos Celsius nos últimos cen anos.

Desalinización

A desalinización é un proceso artificial polo cal a auga salina (xeralmente auga de mar) se converte en auga doce. Os procesos máis comúns de desalinización son a destilación e a osmose inversa. A desalinización é actualmente cara comparada coa maioría das fontes alternativas de auga, e só unha pequena fracción do consumo humano de auga se satisfai por desalinización. Normalmente só é economicamente práctico en usos moi valorados (como o imprescindible uso doméstico e usos industriais) en áreas áridas. O seu uso máis amplo faise no Golfo Pérsico.

Usos da auga

Agrícola

Estímase que o 70% da auga do mundo se utiliza para a irrigación, e un 15 a 35% destas regas non son sustentables. Cómpren de 2 000 a 3 000 litros de auga para producir suficiente comida para satisfacer as necesidades diarias dunha persoa.UN Water - Coping with Water Scarcity 2007 Esta é unha considerable cantidade, cando se compara coa cantidade necesaria para beber, que é só de 2 a 5 litros. Para producir alimentos para os 7 mil millóns de persoas que hai no mundo compre unha cantidade de auga que enchería unha canle de 10 m de profundidade, 100 de ancho e 2 100 de longo.

Acentuación da escaseza de auga

Hai uns 15 anos, a percepción común era que a auga era un recurso infinito. Daquela había menos da metade de persoas no mundo. As persoas non estaban tan sas coma hoxe, consumían menos calorías e comían menos carne, polo que se necesitaba menos auga para producir alimento. Necesitábase a terceira parte do volume de auga que actualmente se toma dos ríos. Hoxe, a competencia polos recursos de auga é moito máis intensa. Isto débese a que agora hai sete mil millóns de persoas no planeta, o seu consumo de carne e vexetais que necesitan moita auga está en aumento, e hai un aumento da competencia pola auga da industria, urbanización, colleitas para biocombustibles. No futuro, será necesaria aínda máis auga para producir alimentos porque se prevé que a poboación da Terra aumentará ata os 9 mil millóns de persoas en 2050.United Nations Press Release POP/952, 13 March 2007. World population will increase by 2.5 billion by 2050 Uns 2,5 ou 3 mil millóns de persoas adicionais elixindo comer menos cereais e máis verduras e carne poderían engadir moitos quilómetros adicionais á canle virtual antes mencionada.

En 2007 o International Water Management Institute de Sri Lanka realizou unha avaliación da xestión da auga no sector da agricultura para ver se o mundo tiña suficiente auga para proporcionar comida á súa crecente poboación.Molden, D. (Ed). Water for food, Water for life: A Comprehensive Assessment of Water Management in Agriculture. Earthscan/IWMI, 2007. Avaliou a dispoñibilidade actual de auga para a agricultura a escala global e mapeou as localizacións que sofren escaseza de auga. Atopou que a quinta parte dos habitantes do mundo, máis de 1,2 miles de millóns, vivían en áreas de escaseza física de auga, onde non hai auga dabondo para afrontar toda a demanda. Outros 1,6 miles de millóns de persoas viven en áreas que experimentaban unha escaseza económica de auga, onde é a insuficiencia de inversións ou unha insuficiente capacidade humana fai imposible para as autoridades satisfacer a demanda de auga. Ademais, un terzo da poboación mundial non tiña acceso a métodos para potabilizar a auga, o que é máis de 2,3 miles de millóns de persoas. O informe encontrou que coa auga que hai sería posible producir os alimentos necesarios para o futuro, pero continuar coa produción actual de alimentos e as tendencias ambientais levarían a unha crise en moitas partes do mundo. Para evitar unha crise de auga global, os agricultores terán que esforzarse en incrementar a produtividade para afrontar a crecente demanda de alimento, mentres que a industria e cidades encontraron maneiras de usar a auga máis eficientemente.Chartres, C. and Varma, S. Out of water. From Abundance to Scarcity and How to Solve the World’s Water Problems FT Press (USA), 2010