Herbert Basedow, nado o 27 de outubro de 1881, e finado o 4 de xuño de 1933, foi un antropólogo, xeólogo, político, explorador e médico australiano.

Traxectoria Basedow naceu en Kent Town, Australia Meridional. Educouse en Adelaide e en Hannover, Alemaña. Despois de rematar a escola, Basedow estudou ciencia na Universidade de Adelaide onde se especializou en xeoloxía. Basedow completou posteriormente os seus estudos de posgrao en numerosas universidades de Europa e traballou como médico en diferentes sitios.

Durante a súa vida, Basedow participou en expedicións xeolóxicas, exploratorias e médicas en Australia Central e o norte do país. Nesas expedicións, tomou fotografías e recolleu espécimes naturais e artefactos aborixes australianos.

Basedow foi unha das poucas persoas en recoller e estudar a vida tradicional dos aborixes.Kaus, David. A Different Time: The Expedition Photographs of Herbert Basedow 1903-1928, National Museum of Australia Press, Canberra, 2008. Extract: Basedow the man. Tamén participou no activismo para mellorar o trato ós aborixes e fixo campaña para mellorar a saúde aborixe.

Notas

Categoría:Nados en 1881 Categoría:Finados en 1933 Categoría:Australianos de ascendencia alemá