A Guerra da Beatriz é un filme dramático timorense de 2013, en lingua tetum, dirixido por Luigi Acquisto e Bety Reis. É a primeira longametraxe producida en Timor Leste.

Estreouse o 17 de setembro de 2013 en Dili. Durante o primeiro mes foi vista por uns 30.000 timorenses en proxeccións ao aire libre. Gañou o Pavo Real de Ouro no Festival Internacional de Cinema da India. Foi proxectada no Festival de Cinema de Adelaida. Tamén gañou dous premios da Sociedade Cinematográfica Australiana.

Sinopse O filme está baseado na historia de Martin Guerrehttp://www.sbs.com.au/movies/review/beatrizs-war-review ocorrida no século XVI en Francia, trasladada ao contexto de Timor Leste durante a ocupación indonesia. O filme céntrase na vida dunha muller timorense chamada Beatriz. A historia comeza con Beatriz coñecendo ao seu futuro marido, Tomás, sendo ambos nenos. Casan novos e pouco despois comeza a invasión indonesia de Timor Leste. Beatriz loita polo seu verdadeiro amor e polo seu país.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Filmes de 2013 Categoría:Filmes en lingua tetum Categoría:Filmes de Timor Leste Categoría:Filmes sobre represión política