Antón Román Conde, tamén coñecido como Antonio Román Conde, nado en Vigo en 1909 e finado na mesma cidade en 1998, foi un arquitecto galego. Na súa obra combina o racionalismo, o vangardismo e mesmo a estética tradicional, se era a solución axeitada. Foi un arquitecto prolífico pola cantidade, variedade e versatilidade estilística dos varios centos de proxectos asinados co seu nome. A súa pegada está moi presente na cidade e na bisbarra de Vigo en edificios na área urbana, chalés e obra pública. Deixou obras singulares en diversos lugares de Galicia e mais en Guinea Ecuatorial, onde exerceu o cargo de arquitecto xefe delegado do goberno no período colonial, entre 1940 e 1948. Da súa ampla produción cómpre salientar as igrexas do Calvario e Navia polo seu carácter vangardista na concepción da estrutura, que o sitúa no ronsel de Le Corbusier.

Vida persoal Naceu en Vigo nunha familia ben situada con vivenda en Peniche. Fillo de Luis, militar, e Elvira, tivo cinco irmáns: Luis, Elvira, María Paz, Pedro e Manuel; este último, tenente de aviación, finou nun accidente aéreo en 1946. Estudou a carreira de arquitectura na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona, onde obtén o título. Combateu na guerra civil española como militar do exército do aire no bando sublevadoFoi nomeado, sucesivamente, Alférez provisional (no Boletín Oficial del Estado do goberno de Franco, do 12/03/1939) e Tenente do Corpo de Enxeñeiros Aeronáuticos do Exército do Aire con data de antiguidade 23/02/1939 (Boletín Oficial, Ministerio del Aire, 31/07/1945, p. 76)..

O 10 de abril de 1940 é nomeado arquitecto no Servizo de Obras Urbanas na Guinea Española que era, naquela altura, aínda unha colonia.O nomeamento publícase no BOE do 15 de abril de 1940. Tiña un soldo anual de 8.000 pesetas e un sobresoldo de 16.000 pesetas. O 24 de xuño de 1940 chegou a Malabo (Santa Isabel, na toponimia colonial) no vapor correo Río Francolí. Alí coñeceu a súa muller, Angelita Serralta Cases, nada en Bioko (antes Fernando Poo), filla de colonos cataláns que administraban unha extensa propiedade chamada "La Barcelonesa" para a compañía Rius y Torres, onde se cultivaba cacao e café.Pódese ver unha foto de Angelita Vilalta en 2004, procedente da colección de Marta Estrada Ibars, no portal web Crónicas de la Guinea Española. Na publicación editada polos misioneiros claretianos La Guinea Española compróbase a importancia da familia Serralta xa que informa polo miúdo do casamento nas páxinas de vida social. Estas notas de sociedade permiten coñecer detalles non documentados nas biografías publicadas de Román Conde e constitúen, ao mesmo tempo, unha crónica da vida colonial. A revista claretiana publicou o anuncio de voda,"Para días no lejanos se anuncia el matrimonio de la srta. Angelita Serralta, de La Barcelonesa, con el reputado Arquitecto Jefe de Construcciones Urbanas D. Antonio Román Conde. La boda promete ser un acontecimiento en San Carlos y en Batete de donde es natural la agraciada señorita. Plácemes a los novios y matrimonio Serralta de La Barcelonesa”. unha crónica da celebración formal para familiares e autoridades e mais outra da celebración popular previa co persoal que traballaba na propiedade. As diferenzas de clase e raza, así como a importancia da igrexa católica na vida da colonia fanse evidentes."San Carlos se vistió de gala el 17 [de junio de 1945] para asistir al enlace matrimonial de la Sra. Angelita Serralta y el Arquitecto Jefe de Construcciones Urbanas D. Antonio Román Conde. La iglesia estaba convertida en un hermoso vergel y adornada con una delicadeza exquisita. […] Después de la ceremonia religiosa, los invitados se trasladaron a La Barcelonesa, donde fueron agasajados espléndidamente. La casa, ya magnífica de por sí, estaba engalanada con colgaduras y farolillos a la valenciana, con potente instalación eléctrica y varios altavoces distribuidos a lo largo de la galería donde estaban colocadas las mesas de los comensales.”"Era el deseo de todo el poblado de Claret de Batete, que el enlace de la Srta. Angelita Serralta se hiciera en Batete por haber visto la bella desposada la luz del mundo en este poblado. En su delicadeza, agradeció  los votos, y por la mañana del 17, ella, su esposo y Sra. madre, llegaron a recibir los Sacramentos. Por este motivo el pueblo les cantó en la Misa Dominical, el Joseph Fili David con la orquesta del pueblo y otros cánticos de su popular repertorio. En xullo de 1945 embarcan no Dómine cara á Península, poida que como viaxe de vodas. O primeiro dos seus sete fillos, Luis, naceu en 1946. O seu bautizo aparece destacado en La Guinea Española. O 4 de febreiro de 1948 embarcan de novo no Dómine e instálanse en Vigo,O 1 de setembro de 1948 publícase no Boletín Oficial a excedencia voluntaria do cargo. O cesamento do cargo de arquitecto en Guinea é do 5 de marzo de 1968, por orde publicada no BOE de 18 de marzo de 1968, xusto antes da proclamación da independencia do país. onde Antón Román encarga unha lancha automóbil nos Estaleiros Lagos de Bouzas feita con madeiras de Guinea (palisandro, caoba, ébano).

Desenvolveu diversas afeccións artísticas. Na mocidade dedicouse á acuarela en pequeno formato sobre temas recorrentes como a navegación, o motociclismo e a figura feminina. Durante a súa estadía en África xurdiu o seu interese pola fotografía, tirando instantáneas da paisaxe, as construcións da colonia e escenas de vida. O fotógrafo Pep Parer reproduciu algunhas das súas instantáneas e retratos para a acción de posta en valor da arquitectura denominada Patrimonio Guinea 2020. O seu legado artístico pertence á colección privada da familia Conde Serralta. O seu fillo Antonio e as fillas Ana e María del Mar teñen dado testemuño do labor do pai.

Traxectoria Na súa estadía en Guinea desenvolve moito traballo administrativo. A través das páxinas La Guinea Española pódese documentar un concurso para a construción dun pavillón para europeos no hospital xeral de Malabo e el mesmo prepara unha clasificación das vivendas oficiais a que poden ter dereito funcionarios e traballadores da administración colonial. Publica un artigo sobre arquitectura colonial e proxecta edificios para uso institucional, equipamentos públicos e vivendas.

Forma parte da denominada xeración de transición na arquitectura galega, canda Arturo Fraga Ramil. No desarrollismo, un momento de importante desenvolvemento urbano de Vigo e a súa bisbarra, participa moi activamente na edificación de obra nova. Nesa altura só hai oito arquitectos colexiados na cidade, e iso parece explicar que Román asine centos de proxectos de variada tipoloxía e estilo.

Foi un dos arquitectos seleccionados na exposición de instalacións deportivas e culturais que tivo lugar no Instituto Politécnico Nacional de Cidade de México dentro da programación de actividades paralelas aos Xogos Olímpicos de 1968 en México, curada por Ruth Rivera e Vladimir Kaspé. Ademais de Antón Román na extensa exposición incluíronse traballos (fotografías, planos ou maquetas) de Francisco Castro Represas e Pedro Alonso Pérez (do Estudio de Arquitectura Castro e Alonso, de Bouzas, Vigo), e Alejandro de la Sota.

Presidiu o Colexio de Arquitectos de León, Asturias e Galicia, e, posteriormente, formou parte do Colexio de Arquitectos de Galicia. Retirouse en 1988.

En 2003 a delegación de Vigo do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia elixiu as igrexas do Calvario e Navia para celebrar o Día Mundial da Arquitectura.

Construción con lámina de formigón miniatura|Igrexa parroquial da Inmaculada Concepción. A finais da década de 1960 construíu os seus dous edificios máis vangardistas en canto á proposta estrutural: a igrexa parroquial da Inmaculada Concepción no Calvario, tamén coñecida como "os Picos", e a igrexa parroquial de San Paio de Navia, que logo foron modificadas, minguando a espectacularidade do proxecto orixinal. Iago Valverde pon en relación estes templos co Pavillón Philips (Bruxelas, 1958) que construíra dez anos antes Le Corbusier e mais co traballo realizado con estruturas laminares de formigón de Félix Candela e Francisco Coello de Portugal. miniatura|Igrexa parroquial de San Paio de Navia. Nos dous templos emprega unha lámina de formigón armado pregada recuberta con verniz de silicona. Esta lámina cumpre as funcións de estrutura, cuberta e envoltorio, o que permite acadar un interior sen columnas ou pilastras. A estrutura responde a unha concepción trigonométrica da pregadura que marca ángulos (ou picos) e crea ondulacións entre eles. O volume dos templos resólvese como unha forma envolvente que por fóra lembra unha figura de papiroflexia ou un tipi e no interior o direccionamento da luz e as pregaduras suxiren unha espiritualidade ancestral e de elevación que cadra coa renovación dos espazos litúrxicos promovida polo Concilio Vaticano Segundo. A procura da máxima entrada de luz para crear unha atmosfera de recollemento resólvese de maneira diferente nas dúas igrexas: nos Picos, os uves da pregadura chegan ata o chan, o que permite abrir celosías de vidro e plástico nos espazos en uve invertido e dar entrada á luz natural; en Navia, un espazo de menor tamaño, a luz entra filtrada pola parte superior e, daquela, a iluminación é moito máis sutil. Pablo Costa sinala que o volume papirofléxico da lámina de formigón non responde á "teoría da pregadura" dos arquitectos Sol Madrileños e Sancho Osinaga, senón á aplicación da fórmula de igualdade xeométrica , o paraboloide hiperbólico.

O terceiro dos proxectos realizado con láminas de formigón, tamén dese período, é a remodelación do Estadio Municipal de Balaídos, en 1969, asinado cos aparelladores Emilio Presa e José Lumbreras. A obra debía realizarse en moi pouco tempo e cumpría aumentar a zona de pé e mais de asento baixo viseira en Marcador, Tribuna e Gol, que na súa lonxitude máxima acada os 16,5 metros.

Estas tres obras realizáronse en colaboración coa empresa madrileña Construcciones Laminares S.L., dos arquitectos José Ruiz-Castillo y Ucelay e mais Ricardo Urgoiti, especializados nas láminas de formigón armado.No artigo publicado polos arquitectos na revista Informes de la construcción, pódense consultar os planos e a descrición técnica da realización da obra. Ruiz-Castillo e Urgoiti foron discípulos de Félix Candela en México, e colaboraron, entre outros, con Jaime Carceller, Francisco Coello de Portugal e Kurt Schäffer. Carmen Castro, na necrolóxica de Ricardo Urgoiti, que finou asasinado en 1972, describe como o cálculo técnico de Ruiz-Castillo e Urgoiti crea atmosfera e afectos nos traballos de Román Conde:A igrexa do Calvario de Vigo ten unha forma máis biolóxica, orgánica, porque xorde en zonas verdes e en ambiente húmido de orballo gris, por iso é branca, branca. E a pequena igrexa de Navia é como unha carapucha que arroupa o sentir. E deste xeito, en toda a obra, o cálculo exprésase de xeito vivísimo e grato. O bo cálculo asegura pervivencia á forma amable para vivila no xogo deportivo, no traballo, na intimidade transcendente. Román Conde tamén empregou a solución da cuberta en formigón para a gasolineira da praza de España de Vigo, substituída máis tarde por unha estrutura corporativa.

Obra

Arquitectura colonial miniatura|Sofitel Malabo President Palace. Como arquitecto no Servizo de Obras Urbanas na Guinea colonial, asinou equipamentos públicos, como escolas, hospitais e residencias. Entre os edificios máis destacados están:

Residencia do Gobernador de Bata. Mercado de Malabo. Edificio Sofitel President, en 1946, na praza da Independencia de Malabo. Está situado no que fora o emprazadamento da Misión Católica (1859) dos claretianos e, logo dun incendio, en 1889, unha igrexa de madeira e aceiro feita polo enxeñeiro Manuel Torreto Paniagua e despois unha igrexa. Román Conde crea un edificio de aire neoclásico que foi construído por Diego Rubio e Antonio Cabrera. Reconverteuse en hotel. Hospital de Bata. Hospital de Malabo.