Para outros artigos sobre persoas co mesmo apelido, véxase a páxina de homónimos Ponce de León Benita Moreno Ponce de León, nada na Coruña o 31 de outubro de 1792 e finada en El Puente del Arzobispo (provincia de Toledo) o 29 de xaneiro de 1872, foi unha soprano española.

Traxectoria

Filla do violinista e compositor madrileño Francisco José Moreno, pasou parte da súa infancia en Santiago de Compostela, localidade onde seu pai tiña a praza de músico da catedral. Tiña oito anos cando marchou cos seus pais a Italia, onde estudou canto e co tempo chegou a debutar como prima donna na ópera La festa della rosa de Stefano Pavesi, no Gran Teatro La Fenice de Venecia, recibindo unha morea de aplausos. Máis tarde actuou nos principais teatros de Europa. Con vinte anos volveu a España recollendo novos éxitos nos teatros, entre eles o Teatro Príncipe de Madrid, sendo moi aclamada. En Madrid foron moitos os triunfos desta cantante e da súa irmá Francisca e mesmo Fernando VII as apreciaba moito, ó igual que os grandes da súa corte.

Ela e a súa irmá foron as primeiras en introducir a ópera italiana en España, chegando a figurar entre as artistas de ópera con máis sona en Europa. Concretamente introduciron ó público español na obra de Rossini, coa estrea en Madrid da obra L'italiana in Algeri na súa versión traducida ó castelán o 29 de setembro de 1816 con motivo do casamento de Fernando VII con María Isabel de Braganza.

Diversos escritores da época dedicáronlle numerosas poesías, cheas de eloxios cara ás dúas artistas.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas , Enrique (3/6/2002). "De Moreno a Moreno: Rossini en La Coruña" mundoclasico.com .

Categoría:Sopranos de España Categoría:Nados en 1792 Categoría:Nados na Coruña Categoría:Finados en 1872 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos