A igrexa de Väskinde (sueco: Väskinde kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Väskinde, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.

Historia A construción da parte máis antiga da igrexa de Väskinde, o coro, comezou pouco despois do ano 1250. A torre e atorre construíronse posteriormente, ao redor de 1280. Dende a Idade Media o edificio permaneceu case inalterado. No ano 1953 levouse a cabo unha restauración da igrexa.

Arquitectura A igrexa é de estilo gótico. Destaca o esculpido portal sur do seu coro. A súa rica ornamentación é pouco común para Gotland e semella reflectir unha influencia das igrexas de Westfalia. A igrexa de Väskinde tamén alberga algúns obxectos destacables. A pía bautismal data do século XII e foi realizada polo escultor coñecido como Master Majestatis. A cruz triunfal e de ao redor do ano 1240 e a igrexa tamén ten algunhas esculturas de madeira medievais de santos e un sagrario. Durante a restauración de 1953 descubríronse pedras pintadas dos séculos V e VIII nos arredores da igrexa, ademais dalgunhas tumbas medievais que no presente se atopan no seu interior.

Galería de imaxes

Notas

Väskinde