Veciñanza foi un partido político de esquerdas de ámbito local de Cuntis creado en 2015.

Historia Xurdiu como unha candidatura municipalista constituída en Cuntis a comezos do ano 2015 coa vontade de concorrer ás eleccións municipais do 24 de maio dese mesmo ano. A candidatura contou con persoas procedentes dos ámbitos do asociacionismo cultural e deportivo, do activismo local e do sindicalismo.

Nas eleccións municipais de 2015 obtivo un total de 672 votos (22,36 %) e acadou dous concelleiros, Santi Martínez e Saleta Fernández de la Torre. Malia apoiar a investidura do alcalde socialista Manuel Campos Velay, non formou parte do goberno e desenvolveu a súa tarefa política dende a oposición na Corporación municipal de Cuntis. Veciñanza participou nalgunhas das tentativas de artellamento das chamadas mareas cidadás que durante os meses posteriores se deron en Galicia, pero sen acordar ningunha relación orgánica con outras formacións políticas. A súa acción política apoiouse en dous eixos en permanente contacto: a acción institucional e a presenza social.

Nas eleccións municipais de 2019 obtivo 477 votos (o 16’14%) e mantivo os seus dous asentos na Corporación Municipal. Saleta Fernández e Santi Martínez foron de novos as persoas elixidas. Non compareceu ás eleccións municipais de 2023.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Cuntis

Categoría:Partidos políticos desaparecidos de Galicia Categoría:Cuntis