A Capra nubiana é unha especie de cabra que habita nas zonas montañosas de Alxeria, Exipto, Etiopía, Eritrea, Israel, Xordania, o Líbano, Omán, Arabia Saudita, o Sudán e o Iemen. Historicamente, foi considerada como unha subespecie do Capra ibex, pero cada vez máis considérase como unha especie de seu (Capra nubiana). A poboación salvaxe conta con 1 200 individuos.
Descrición miniatura|esquerda|Capra nubiana. A especie rolda entre 65–75 cm de alto e pesa uns 50 kg. Son dunha cor torrada clara, cunha parte inferior; nos machos tamén hai unha franxa de cor marrón escura na parte posterior. Estas cabras teñen cornos longos e delgados que se estenden cara a arriba e logo cara a atrás e cara a abaixo. Nos machos, estes acadan arredor dun metro de lonxitude, mentres que nas femias son moito máis pequenos (arredor de 30 cm ou 12 polgadas).
Notas
Véxase tamén
Categoría:Animais descritos en 1825