Gustav Weigand, nado o 1 de febreiro de 1860 en Duisburgo e finado o 8 de xullo de 1930 en Belgershain, foi un lingüista alemán, especialista nas linguas dos Balcáns, recoñecido polas súas contribucións á dialectoloxía romanesa mais os seus estudos sobre o arromanés e o meglenorromanés.
Traxectoria Entre 1878 e 1884 foi mestre en diversas localidades alemásRobert Elsie (2010) Historical Dictionary of Albania Rowman & Littlefield, p. 481, mais logo estudou filoloxía románica en Leipzig e realizou a súa tese de doutoramento sobre a lingua dos arromaneses da rexión do monte Olimpo en 1888, seguido por unha tese de habilitación sobre o meglenorromanés en 1892. En 1893 fundou o Instituto Romanés na Universidade de Leipzig, e máis tarde, en 1906, o Instituto Búlgaro. Foi profesor de filoloxía románica na Universidade de Leipzig entre 1896 e 1928. Realizou numerosas viaxes aos Balcáns, realizando traballos de campo e aprendendo as diversas linguas. En 1908 publicou o atlas lingüístico Linguistischer Atlas des dacorumänischen Sprachgebiets, o primeiro traballo deste tipo no ámbito da lingüística románica. En 1917 fundou o instituto interdisciplinar Südosteuropa- und Islam-Institut na Universidade de Leipzig. Durante a Primeira guerra mundial, as autoridades alemás financiaron a realizacións de estudos etnográficos en Macedonia. Os resultados publicáronse en 1923 co título de Ethnographie Makedoniens.
En recoñecemento polos seus traballos sobre a lingua romanesa entrou na Academia Romanesa en 1892.
Obras
(1888): Die Sprache der Olympo-Walachen. Dissertation, Universität Leipzig. (1892): Vlacho-Meglen. Eine ethnographisch-philologische Untersuchung. Leipzig. (1895): Die Aromunen/Ethnographisch-Philologisch-Historische Untersuchungen. Leipzig. (1907): Bulgarische Grammatik (1908): Linguistischer Atlas des dacorumänischen Sprachgebiets. Leipzig: Barth. (1922): Spanische Grammatik für Lateinschulen, Universitätskurse und zum Selbstunterricht (1913): Bulgarisch-deutsches Wörterbuch (1913): Albanesische Grammatik im südgegischen Dialekt (Durazzo, Elbassan, Tirana). Ambrosius Verlag Leipzig. (1923): Ethnographie Makedoniens. Leipzig. (1925): Die Berglaute Lahuta e Macis Gjergj Fishta, Hrsg. Leipzig : Joh. Ambr. Barth, übers. u. erl. von Gustav Weigand. Notas
Categoría:Nados en 1860 Categoría:Finados en 1930 Categoría:Nados en Duisburgo Categoría:Lingüistas de Alemaña Categoría:Alumnos da Universidade de Leipzig Categoría:Profesores da Universidade de Leipzig