Neumünster é unha cidade alemá situada no centro do estado de Schleswig-Holstein.

Historia e características Segundo o censo correspondente ao ano 2016 tiña 79.680 habitantes. Neumünster medra en ambos os bancos do río Schwale. Acolle unha igrexa evanxélica e outra católica e un número elevado de escolas. Despois da cidade veciña de Altona, agora parte de Hamburgo, é o centro industrial máis puxante da provincia.

A súa tradición industrial céntrase no téxtil, papel, maquinaria industrial, cervexa e doces.

O seu comercio comeza de maneira significativa no século XVII cunha migración de obreiros do sector téxtil desde a cidade, situada máis ao sur, de Bad Segeberg.

Unha delegación industrial nipoa adicada á automoción fundou nos anos 80 unha sede na cidade, aínda activa, da empresa Panasonic.Neumünster

Nesta cidade está situada a prisión de Neumünster, unha das de meirande criminalidade de Alemaña.

Cidades irmás Parchim Gravesend Koszalin Giżycko İlkadım

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial de Neumünster .

Categoría:Cidades de Schleswig-Holstein