Eva González Álvarez, coñecida como Eva Xanim, nada en Navia de Suarna o 11 de decembro de 1994, é unha escritora e profesora galega. Traxectoria O pseudónimo Xanim corresponde ao nome da casa paterna.

Ademais de Navia de Suarna tamén está moi ligada ao concello asturiano de Ibias, no que foron nados seu pai e a súa nai.

Comezou os estudos no IES Lucus Augusti en 2010 (centro no que tamén realizou as prácticas docentes) e graduouse en Lingua e Literatura Galegas e Lingua e Literatura Españolas pola Universidade de Santiago de Compostela. En xullo de 2018 aprobou as oposicións de profesora de Lingua Galega e Literatura para ensino secundario.

É escritora dalgún que outro texto poético e narrativo e ten colaborado en numerosos proxectos literarios, revistas e presentacións de libros. A investigación, a arte, a natureza e a lingua son algunhas das súas paixóns.

Obra Colaborou na revista luguesa Xistral e participou en varios libros colectivos: Abadessa, oí dizer, relatos eróticos de escritoras da Galiza (2017). Autoras: Carmen Blanco, María Lado, Verónica Martínez, Raquel Miragaia, Teresa Moure, Emma Pedreira, Isabel Rei Samartim, Susana Sánchez Arins, Rexina Vega e Eva Xanim. Através Editora, 120 páxinas. ISBN 978-84-16545-09-4. Remédios para o galego (2017). Diego Bernal, Valentim Fagim (coord.). Através Editora. ISBN 978-84-16545-13-1.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Cada día sen ti. Eva Xanim (2014) Eva Xanim (2015)

Categoría:Nados en 1994 Categoría:Nados en Navia de Suarna Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores de educación secundaria