María Jesús Lamas Díaz, nada en Barakaldo en 1967, é unha farmacéutica e investigadora galega que, desde o 20 de xullo de 2018, exerce o cargo de directora da Agencia Española de Medicamentos y Productos Sanitarios. Traxectoria Licenciouse en Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela, universidade na que se doutorou en 2011 coa tese Estudio farmacogenético del cáncer colorrectal, dirixida polo profesor Ángel Carracedo, coa que obtivo o Premio Extraordinario.Estudio farmacogenético del cáncer colorrectal en Dialnet.
Diplomada en Oncoloxía Farmacéutica pola Universidade de Valencia, foi acreditada como Farmacéutica Clínica en Oncoloxía (BOCP) polo Board of Pharmaceutical Specialties (BPS), e pola American Pharmaceutical Association (APhA) como Facultativo Especialista en Farmacia Hospitalaria. Relatora habitual en xornadas, congresos nacionais e internacionais e activa membro da comunidade sanitaria no mundo 2.0, a doutora Lamas goza dun extraordinario recoñecemento polo seu prestixio e dilatada experiencia na súa especialidade.
A súa vinculación co Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) comezou cos seus primeiros pasos no Servizo de Farmacia como residente. Dúas décadas despois foi nomeada Xefa deste Servizo, con gran peso na actividade diaria dun Complexo Hospitalario como o de Santiago de Compostela, de referencia a nivel internacional.
Á doutora Lamas non lle gusta falar en singular, senón en plural, en referencia ao equipo que traballaba con ela nun servizo que non só atende aos pacientes do CHUS, senón tamén a un milleiro de usuarios de residencias sociosanitarias concertadas. O seu traballo como responsábel da unidade de Farmacia Oncolóxica do CHUS (2003-2013) marcou o seu actual cargo. «Quero estender o modelo integral de atención médico-farmacéutica que iniciamos cos pacientes oncolóxicos ao resto de especialidades do complexo», dixo, e con esa filosofía participou, xunto a outros profesionais, na publicación da Real Academia Nacional de Farmacia: "Continuidade asistencial do paciente con antineoplásicos orais", que, efectivamente, continúa contaxiando a outras especialidades: "Proceso de fibrilación auricular".
Convencida do reto de que é posíbe converter os centros sanitarios en potentes áreas de investigación e innovación, e decidida a facer das novas tecnoloxías aplicadas unha ferramenta potente dos Servizos de Farmacia como apoio ás decisións dos Servizos clínicos, sen perder o prisma de que só a través da priorización poderemos conseguir unha aplicabilidade real e sustentábel no tempo. E sobre todo, innovadora nata, está disposta a facer do cambio a súa zona de confort, o que fai que desde a Dirección de Investigación da Sociedade Española de Farmacia Hospitalaria promova iniciativas para mellorar a xestión da investigación desde a excelencia.
Labor investigador e docente Entre 2011 e 2017 a doutora Lamas publicou 13 artigos en revistas científicas: "Complicaciones asociadas con medicamentos en un postoperatorio tórpido de trasplante hepático", (Con cristina González-Anleo López, María Teresa Rodríguez Jato, Sara Blanco Dorado e Enrique José Bandin Vilar). Farmacia hospitalaria: órgano oficial de expresión científica de la Sociedad Española de Farmacia Hospitalaria, Vol. 41, Nº 3, 2017, páxs. 452-456.Texto completo. "Implication of plat elet-derived growth factor in sunitinib-induced hypothyroidism". (Con Rocío Jiménez Galán, Beatriz Bernárdez Ferrán, C. Carrascosa Rodríguez e Patricia Monje Agudo). European journal of clinical pharmacy: atención farmacéutica, Vol. 16, Nº 6, 2014, páxs. 11-11. Resume . "Nutrición parenteral libre de aminoácidos ramificados para el manejo urgente de una descompensación grave de la enfermedad del jarabe de arce". (Con Sara Blanco Dorado, Anxo Fernández Ferreiro, José María Giráldez Montero, Cristina González-Anleo López e Miguel González Barcia). Farmacia hospitalaria: órgano oficial de expresión científica de la Sociedad Española de Farmacia Hospitalaria, Vol. 41, Nº 3, 2017, páxs. 438-444.Texto completo, "Lubricantes oculares en el tratamiento del ojo seco". (Con Anxo Fernández Ferreiro, Miguel González Barcia e Francisco Javier Otero Espinar). Panorama actual del medicamento, Vol. 38, Nº 372, 2014, páxs. 350-356.Resume. "Copago en la Farmacia de Hospital". (Con Olga Delgado Sánchez e José Luis Poveda Andrés). Farmacia hospitalaria: órgano oficial de expresión científica de la Sociedad Española de Farmacia Hospitalaria, Vol. 37, Nº 5, 2013, páxs. 345-347.Texto completo . "Análisis de la toxicidad ocular de los colirios de voriconazoly fluconazol con HET-CAM". (Con Anxo Fernández Ferreiro, Miguel González Barcia, María Gil Martínez, José Blanco Méndez e Francisco Javier Otero Espinar). Farmacia hospitalaria: órgano oficial de expresión científica de la Sociedad Española de Farmacia Hospitalaria, Vol. 38, Nº 4, 2014, páxs. 300-304.Texto completo . "Evaluation of the in vitro ocular toxicity of the fortified antibiotic eye drops prepared at the Hospital Pharmacy Departments". (Con Anxo Fernández Ferreiro, Miguel González Barcia, María Gil Martínez, María Santiago Varela, María Pardo, José Blanco Méndez, Antonio Piñeiro Ces e Francisco Javier Otero Espinar). Farmacia hospitalaria: órgano oficial de expresión científica de la Sociedad Española de Farmacia Hospitalaria, Vol. 40, Nº 5, 2016, páxs. 352-370.Texto completo . "Pharmacotherapy follow-up of patients under treatment with biologic agents for chronic inflammatory systemic conditions: an agreement among hospital pharmacists for the standardized collection of a minimum set of data" (Con Miguel Angel Calleja Hernández, Alicia Herrero Ambrosio, Julio Martínez Cutillas, José Luis Poveda Andrés e Belén Aragón). Farmacia hospitalaria: órgano oficial de expresión científica de la Sociedad Española de Farmacia Hospitalaria, Vol. 41, Nº 1, 2017, páxs. 31-48.Texto completo . "Síndrome serotoninérgico con rabdomiolisis y convulsiones asociado a la interacción farmacológica entre venlafaxina y amoxicilinaclavulánico". (Con Anxo Fernández Ferreiro, Antonio Pose Reino, Francisco Martínez Bahamonde, Marion Paris, Emilie Guemas e Miguel González Barcia). Actas españolas de psiquiatría, Vol. 44, Nº 5 (setembro-outubro de 2016), 2016, páxs. 196-199. "Retos en la formulación magistral oftálmica". (Con Anxo Fernández Ferreiro, Miguel González Barcia, Francisco Javier Otero Espinar e José Blanco Méndez). Farmacia hospitalaria: órgano oficial de expresión científica de la Sociedad Española de Farmacia Hospitalaria, Vol. 40, Nº 1, 2016, páxs. 1-2.Texto completp . "Análisis coste-efectividad de aflibercept en combinación con FOLFIRI en el tratamiento de pacientes con cáncer colorrectal metastásico". (Con Carles Pericay Pijaume, Carmen Frías López, Albert Abad Esteve, María Echave, Itziar Oyagüez Martín, M. Rubio, E. Giménez, S. Naoshy e Florence Joulain). Farmacia hospitalaria: órgano oficial de expresión científica de la Sociedad Española de Farmacia Hospitalaria, Vol. 38, Nº 4, 2014, páxs. 317-327.Texdto completo . "Hidrogel oftálmico de cisteamina para el tratamiento de la cistinosis ocular" (Con Anxo Fernández Ferreiro, Andrea Luaces Rodríguez, Victoria Díaz Tomé, María Gil Martínez, María Teresa Rodríguez Ares, Rosario Touriño Peralba, José Blanco Méndez, Miguel González Barcia e Francisco Javier Otero Espinar). Farmacia hospitalaria: órgano oficial de expresión científica de la Sociedad Española de Farmacia Hospitalaria, Vol. 41, Nº 6, 2017, páxs. 678-687.Resume , . "Propuesta para la creación de una Estrategia Nacional sobre Medicina de Precisión en Cáncer: posicionamiento de la SEOM, SEAP y SEFH". (Con Pilar Garrido, Azucena Aldaz Pastor, Miguel Angel Calleja Hernández, Enrique de Alava Casado, M. Martín Jiménez, Xavier Matías-Guiu Guía, José Palacios e Ruth Vera García). Farmacia hospitalaria: órgano oficial de expresión científica de la Sociedad Española de Farmacia Hospitalaria, Vol. 41, Nº 6, 2017, páxs. 688-691.
Ademais, dirixiu a tese de doutoramento, xunto cos profesores Ángel Carracedo e Rafael López López, de Goretti Durán Piñeiro, lida en 2016 na Facultade de Medicina e Odontoloxía de Santiago de Compostela, e titulada "Estudio farmacogenético de variantes polimórficas en genes reparadores del ADN y otros marcadores de resistencia en pacientes con cáncer de cabeza y cuello".Estudio farmacogenético de variantes polimórficas en genes reparadores del ADN y otros marcadores de resistencia en pacientes con cáncer de cabeza y cuello (Resume en Minerva. Repositorio institucional da Universidade de Santiago de Compostela).
Notas
Véxase tamén Outros artigos A ciencia ten nome de muller (en Wikibooks).
Ligazóns externas Estudio farmacogenético del cáncer colorrectal , en Minerva. Repositorio institucional da Universidade de Santiago de Compostela.
Categoría:Científicos de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Farmacéuticos de Galicia Categoría:Nados en Barakaldo Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela
Categoría:Nados en 1967