Simone Veil, anteriormente Simone Jacob, nada en Niza o 13 de xullo de 1927 e finada en París o 30 de xuño de 2017, foi unha política e maxistrada francesa.
Nada no seo dunha familia xudía orixinaria de Lorena, foi deportada a Auschwitz cando tiña 16 anos, durante a Shoá, na que perdeu o seu pai, a súa nai e o seu irmán. Tras cursar os estudos de dereito e ciencia política entrou na maxistratura como alta funcionaria.
Foi nomeada ministra de saúde en 1974 polo presidente Valéry Giscard d'Estaing, quen lle encargou a tarefa de lograr a aprobación da lei que despenalizaría o acceso das mulleres á interrupción voluntaria do embarazo. Esta lei foi logo coñecida como a lei Veil. A raíz disto foi recoñecida como unha icona da loita contra a discriminación das mulleres en Francia. Foi a primeira muller en ocupar a presidencia do Parlamento Europeo en 1979, na primeira elección deste por sufraxio universal directo, posto que desempeñou ata 1982. É comunmente considerada unha das promotoras da reconciliación franco-alemá e da construción europea. De 1993 a 1995 foi ministra de Asuntos Sociais, Saúde e Urbanismo e número dous no goberno de Édouard Balladur.No orixinal "Ministre d'État, ministre des Affaires sociales, de la Santé et de la Ville". O título "Ministre d'État" responde máis a unha cuestión protocolaria, polo que non se incorporou nesta tradución. Ver: Ministre d'Etat: un titre honorifique sans conséquence juridique Despois formou parte do Conseil constitutionnel de 1998 a 2007, antes de ser elixida membro da Academia francesa en 2008.
Consonte a decisión tomada polo presidente Emmanuel Macron, os restos de Simone Veil e do seu esposo foron depositados no Panteón de París o primeiro de xullo de 2018.
Traxectoria
Primeiros anos
A familia Jacob era orixinaria de Bionville-sur-Nied, unha vila de Lorena. O seu pai, o arquitecto André Jacob, obtivo en 1919 o segundo Gran premio de Roma de arquitectura. Casou o 22 de maio de 1922, no noveno arrondissement de París, con Yvonne Steinmetz, filla dun peleteiro da capital.Pódese acceder tamén a esta entrevista en YouTube.Mairie du IX arrondissement, mencionada na acta de nacemento número 207, do 3 de febreiro de 1891 correspondente a André Jacob. André Jacob esixiu que a súa dona, con título de bacharelato e estudante de química deixase os seus estudos logo do casamento.
A familia xudía de Simone Jacob era "moi laica" e non practicante.
"A miña pertenza á comunidade xudía non me deu xamais problemas. Foi moi revindicada polo meu pai non por razóns relixiosas senón culturais", escribe Simone Veil na súa autobiografía. "Ós seus ollos, se o pobo xudeu seguía a ser o pobo escollido era porque era o pobo do Libro, o pobo do pensamento e a escritura."
Tras o nacemento das dúas primeiras fillas da parella, Madeleine e Denise, a familia mudouse de París a Niza, na Costa Azul. Jean Jacob, o único fillo, naceu no ano 1925. Simone Jacob, a máis pequena da familia, naceu en Niza o 13 de xullo de 1927. Coa crise de 1929, a familia deixou o seu apartamento no número 50 da avenida Georges-Clemenceau por outro piso máis pequeno na rúa Cluvier. A medida que a crise se intensificou, os encargos ós arquitectos como seu pai eran pouco habituais e a súa mai calcetaba para os fillos e fillas das familias máis desfavorecidas.
Inicios da segunda guerra mundial
O día 3 de setembro de 1939 o Reino Unido (ás 11 h) e despois Francia (ás 17 h) declararon a guerra á Alemaña nazi. Cando se asinou o armisticio, André Jacob mostrouse abrumado, por máis que pensara que a república nunca tocaría a comunidade xudía.Simone Veil, une vie de combats, Paris Match, semana do 6 ao 12 de xullo de 2017, pp. 34-73 O 10 de xullo de 1940, a Asemblea Nacional, reunida en Vichy, aprobou cunha esmagadora maioría a imposición de plenos poderes ao mariscal Pétain. O réxime de Vichy (baixo o goberno de Pierre Laval) promulgou, o 4 de outubro de 1940, o primeiro estatuto dos xudeus que establecía unha serie de prohibicións e a obriga de presentarse perante as autoridades.
esquerda|miniatura|Simone Jacob (a primeira pola esquerda na liña superior) no liceo Albert-Calmette en Niza durante o ano escolar 1941-1942.
André Jacob cumpriu coas novas condicións - feito ao que se opuxo a xove Simone, segundo ela declarou máis tarde- e perdeu o dereito a exercer a súa profesión. Yvonne Jacob pasaba os días a buscar comida para alimentar a súa familia. Ao ano seguinte os cativos da familia Jacob foron enviados preto de Carcasona onde permaneceron un tempo na compaña dun tío e unha tía.
Xa de volta en Niza, a familia, que vivía nun apartamento, sufriu a progresiva segregación imposta polas leis contra a comunidade xudía. Así e todo os pequenos participaban nas actividades dos grupos scouts. O perigo tornouse visible a partir de setembro do ano 1943, data na que a Costa Azul pasou a ser controlada pola ocupación alemá, baixo a dirección de Alois Brunner. De feito, Niza, que fora Zone libre ata novembro de 1942, pasara deseguido a estar baixo a ocupación italiana ata que os italianos asinaron un armisticio cos aliados o 2 de setembro de 1943.
En marzo de 1944 Simone Jacob acadou o seu título de bacharelato.Ela explica nas súas memorias as razóns desta data tan sorprendente para facer o exame: "Avisárannos xa dende as primeiras semanas do curso escolar, que as probas do bacharelato non se realizarían en xuño senón a final de marzo, e que non abranguerían máis que as probas escritas. As autoridades de Niza querían de feito pechar o curso escolar o máis pronto posible por medo dun desembarco aliado e dos problemas que implicaría." (Une vie, p. 47)
Deportación a Auschwitz-Birkenau miniatura|Auschwitz Birkenau. Entrada. Cando tiña 16 anos, en marzo de 1944, Simone Jacob, que se facía chamar Simone Jacquier, vivía na casa da súa profesora de linguas clásicas, Madame de Villeroy, docente no Liceo Masséna. O 30 de marzo, cando ela quedara cun amigo para reunirse coas rapazas da súa clase e festexar a fin das probas de bacharelato (a pesar de que a familia xa llo prohibira),Simone Veil, Une vie, Stock, 2007 Simone foi abordada e detida por un control de rúa en pleno centro da cidade de Niza, formado por dous alemáns de paisano. Ela e o seu compañeiro foron levados ao Hotel Excelsior na rúa Durante. Naquel tempo este hotel era o cuartel xeral alemán que servía como lugar de reagrupamento local dos xudeus e xudías tras a súa detención, previa á súa deportación a Alemaña. Os alemáns liberaron rapidamente o rapaz, con tempo abondo para que Simone Jacob puidese pasarlle o enderezo de Madame de Villeroy, para avisala, e tentar deste xeito informar a súa familia.
Durante as horas seguintes, o resto da familia, que fora acollida, a pesar dos riscos, por diversas parellas e amizades de Niza, foi detida pola Gestapo. Simone Jacob foi trasladada ao campo de Drancy. O 13 de abril de 1944, case dúas semanas tras o seu arresto, Simone, a súa nai Yvonne, e a súa irmá Madeleine foron enviadas desde Drancy dentro do convoi número 71Ver Mémorial de la déportation des Juifs de France onde se reproducen datos recollidos na publicación Klarsfeld, Serge.(2012). Mémorial de la Déportation des Juifs de France. Paris: Fils et filles des déportés juifs de France(onde ían Anne-Lise Stern e tamén Marceline Rosenberg, quen acabou sendo a súa mellor amiga no campo) con destino a Auschwitz-Birkenau, un dos campos de exterminio nazis. Chegaron na tarde do 15 de abril. Un dos prisioneiros, que falaba francés, aconselloulle que dixera que tiña máis de 18 anos para poder pasar a selección e salvar a vida.
Simone recibiu o número 78651, que lle foi tatuado no brazo. Dende entón realizou traballo forzado: "a maior parte do tempo era unha actividade especialmente absurda""(...) c'était la plus part du temps totalment absurde, inutile." consistente entre outras cousas en "descargar camións cheos de pedras enormes (...) cavar trincheiras, achairar o solo (...) e baleirar as latrinas."
Unha antiga prostituta polaca, chamada Stenia, que pasara a ser gardiá do campo salvoulle a vida movéndoa a un anexo de Auschwitz tras dicirlle "Ti es demasiado bonita para morrer aquí." Ela aceptou, coa condición de que a súa nai e a súa irmá fosen con ela.
Outra das irmás de Simone, Denise Jacob, que entrara a formar parte dunha rede da Resistencia en Lión ós 19 anos, foi detida en 1944 e deportada a Ravensbrück, de onde conseguiu saír. O seu pai e o seu irmán Jean foron deportados a Lituania no convoi 73. Simone non volveu velos.
Deportación a Bergen-Belsen e liberación esquerda|miniatura|Campo de concentración Bergen-Belsen. En xullo de 1944, Simone Jacob é transferida, xunto coa súa nai e a súa irmá, a Bobrek, a cinco quilómetros de Birkenau. Pouco antes da liberación do campo de Auschwitz, o 27 de xaneiro de 1945, os alemáns levaron os seus prisioneiros na chamada marcha da morte, 70 kms en dirección a Auschwitz e logo a Gleiwitz. Despois transportaron os prisioneiros en tren, sen auga nin comida (agás os anacos de pan lanzados polos habitantes das vilas que atravesaban), ata o campo de Dora e máis tarde ao de Bergen-Belsen, onde chegaron o 30 de xaneiro. Neste campo Simone foi destinada ao traballo na cociña. A súa nai morreu de tifo en marzo de 1945. A súa irmá Madeleine, tamén afectada de tifo, salvouse por pouco grazas á chegada dos aliados.
Bergen-Belsen foi liberado polas tropas británicas o 15 de abril de 1945, sendo o primeiro gran campo liberado polas forzas aliadas. Simone, Madeleine e Denise foron as únicas superviventes da familia xa que nin o seu pai, nin a súa nai nin o seu irmán volveron dos campos.
Logo do seu regreso a Francia Simone sentíase preparada para falar da súa experiencia, pero tiña a impresión de que ninguén quería escoitar o que puidese contar."A miúdo escoitase dicir que as persoas deportadas quixeron esquecer e preferiron calar. (…)No meu caso eu sempre estiven disposta a falar, a dar o meu testemuño. Pero a ninguén lle prestaba escoitarnos." - Entrevista concedida a Annette Wierviorka en xuño de 1990, citada na páxina 170. Ver
Simone Veil evocou o proceso de deportación da súa familia nun documental do 2 de setembro de 1976. Tamén fixo fincapé na especificidade xudía da Shoá, ao tempo que se declaraba en contra de calquera forma de competición das vítimas.Sobre o concepto de competición das vítimas ver entrada na Wikipédia francesa
Regreso a Francia
Simone Jacob regresou a Francia o 23 de maio de 1945, ao centro de acollida de París situado no hotel Lutetia e descubriu entón que fora a única en sacar o título de bacharelato de todo o instituto, logo de pasar as probas na véspera da súa detención. En 1945 inscribiuse na facultade de Dereito e no Instituto de Estudos Políticos de París, onde coñecería, durante unha saída á neve, a Antoine Veil (1926-2013), quen se formou na prestixiosa École Nationale d’Administration e co que casou o 26 de outubro de 1946.
Ela acompañouno a Wiesbaden e máis tarde a Stuttgart, onde fora nomeado, axudándoo a preparar as oposicións ao ENA,Escola Nacional da Administración en Francia (École nationale d'administration organizándolle as notas. Ante o abraio dos seus achegados, ela explicaba que facía falla distinguir entre os nazis responsables do Holocausto, fenómeno este que podería ter acontecido en calquera lugar, e o conxunto do pobo alemán.Maurice Szafran Simone Veil : Destin, Flammarion 1994,p. 137-138 Ela e mais o seu home aparecían deste xeito como promotores da amizade francoalemá. Non obstante a parella viviu na zona de ocupación americana practicamente como os americanos: en total autarquía.
A súa irmá Madeleine, "Milou", morreu xunto co seu fillo Luc nun accidente de coche en 1952 cando volvían de Stuttgart, onde foran visitar a Simone. Este novo drama foi vivido con moita dor, xa que Madeleine era a única persoa coa que Simone podía falar en confianza e fora un grande apoio en momentos claves da súa vida.