Goretti Durán Piñeiro é unha farmacéutica e investigadora galega, especializada na investigación de fármacos oncolóxicos, e a relación entre os xenes e as respostas a estes fármacos. É investigadora da Unidade de Farmacoxenética do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.
Traxectoria Goretti Durán Piñeiro licenciouse en Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela.En 2007 foi farmacéutica de atención primaria na Xerencia de Atención Integrada Pontevedra e O Salnés, do SERGAS.
Entre os anos 2008 e 2010 asinou un contrato de investigación en Farmacoxenética coa Fundación Pedro Barrié de la Maza para o programa Diana-Fundación Barrié-USC de Medicina personalizada. Este programa busca un tratamento para cada paciente co fármaco «máis axeitado» e a dose «necesaria», co obxectivo de «obter a máxima eficacia terapéutica co mínimo risco e custo», en palabras do seu director, Ángel Carracedo. «A eficacia media dos medicamentos dista moito de ser a idónea», e tratamentos como a quimioterapia causan «importantes danos» nos pacientes, xustificou Carracedo.A USC e a Barrié investigan fármacos á carta co ADN. A Fundación Barrié e a USC poñen Galicia á cabeza de Europa en farmacoxenética. Cancro, doenzas psiquiátricas e cardiovasculares, os eidos de estudo . GaliciaHoxe, 24/07/2018.
Entre 2013 e 2014 cursou un máster de Desenvolvemento económico e innovación na USC. No seu traballo de fin de máster analizou o ROI ou rendabilidade económica da e-interconsulta de cardioloxía na área de Vigo..Master en Desenvolvemento Económico e Innovación.
Así mesmo cursou un máster en Oncoloxía Farmacéutica, título propio da Universidade de Valencia, é diplomada en Saúde Pública pola Escola Nacional de Sanidade, e obtivo un máster en Metodoloxía da investigación: deseño e estatística en Ciencias da Saúde pola Universidade Autónoma de Barcelona.
En 2016 alcanzou o grao de doutora, coa tese Estudio farmacogenético de variantes polimórficas en genes reparadores del ADN y otros marcadores de resistencia en pacientes con cáncer de cabeza y cuello, dirixida polos profesores Ángel Carracedo, María Jesús Lamas e Rafael López López, lida na Facultade de Medicina e Odontoloxía da mesma Universidade.
Notas
Véxase tamén Outros artigos A ciencia ten nome de muller (en Wikibooks).
Ligazóns externas
Categoría:Científicos de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Farmacéuticos de Galicia Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Nados en Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade Autónoma de Barcelona Categoría:Alumnos da Universidade de Valencia