David Malouf, nado en Brisbane o 20 de marzo de 1934 e finado o 22 de abril de 2026, foi un escritor australiano que cultivou principalmente a novela, aínda que tamén ten contos, poemarios, ensaios, libretos e obras de teatro.
Traxectoria Malouf era fillo dun pai libanés cristián e unha nai inglesa xudía de ascendencia sefardí-portuguesa.Winston Manrique Sabogal. El secreto de Aquiles, El País, 15.05.2012; acceso 17.05.2012
Graduouse na Universidade de Queensland en 1955. Viviu en Inglaterra; Toscana, Italia; e Sydney, onde deu clases na universidade do mesmo nome.
A súa obra trata de temas da historia, a sociedade e as paisaxes de Australia.
Os primeiros libros que publicou foron poemarios, pero empezou a ser coñecido despois da súa primeira novela, Johnno (1975), un relato semiautobiográfico dun mozo que creceu en Brisbane durante a segunda guerra mundial. An Imaginary Life (1978) "consagrouno definitivamente como unha das voces de referencia do continente".Biografía en la página de la editorial Libros del Asteroide ; acceso 17.05.2012
En 2008 foi elixido membro da Royal Society of Literature.
Malouf era abertamente gai e residía en Italia dende 1977.Xavier Pons. Homoerotiscim in David Malouf's Fiction , 2009, en inglés; acceso 09.08.2013
Notas
Véxase tamén Bibliografía Giffuni, Cathe. "The Prose of David Malouf", Australian & New Zealand Studies in Canada, No. 7 de xuño de 1992.
Categoría:Nados en Brisbane Categoría:Nados en 1934 Categoría:Finados en 2026 Categoría:Escritores de Australia Categoría:Australianos de ascendencia libanesa