Alt Vinalopó (en castelán: Alto Vinalopó) é unha comarca situada no noroeste da provincia de Alacant, no País Valenciano. A súa capital e concello máis poboado é Villena.
Xeografía Debe o seu nome a que se atopa xeograficamente no curso alto do río Vinalopó. Limita polo norte coa provincia de Valencia, concretamente coas comarcas de Costera e Vall d'Albaida, ao leste coa comarca do Alcoià, ao sur coa do Vinalopó Mitjà e ao oeste con Castela-A Mancha e a Rexión de Murcia. Ademais, as localidades desta comarca teñen unha relación sociocultural e económica importante coas localidades de Caudete e Almansa, pertencentes á provincia de Albacete.
Concellos Concello Poboación (20203) Superficie Densidade Villena 34 144 345,60 98,83 Sax 10 072 63,50 155,26 Biar 3607 98,17 37,23 Salinas 1733 61,70 26,26 Beneixama 1697 34,89 48,44 La Canyada 1210 19,32 62,53 El Camp de Mirra 442 21,80 19,13Total 52 905 644,98 81,56
Lingua Os concellos de Beneixama, Biar, El Camp de Mirra e La Canyada pertencen ao ámbito lingüístico do valenciano, mentres que os concellos de Salinas, Sax e Villena son de predominio lingüístico castelán.
Véxase tamén
Categoría:Comarcas da Comunidade Valenciana