A illa dels Conills (Illa dos Coellos en galego), tamén coñecida como Conillera, é a segunda illa máis grande do arquipélago de Cabrera, nas Illas Baleares, cunha superficie de 1,37 km².

Esta illa podería ser a chamada Parva Hannibalis ("a pequena de Haníbal") por Plinio o Vello, que por unha mala interpretación podería haberse convertido en Patria Hannibalis ("a patria de Haníbal"), dando lugar á lenda do nacemento de Haníbal nela. En realidade, as indicacións de Plinio son tan imprecisas que esa illa podería referirse a calquera das illas do arquipélago de Cabrera, aos illotes da baía de Palma ou outros da costa mallorquina.

Notas

Categoría:Arquipélago de Cabrera