Jean Seberg, nada en Marshalltown, Iowa o 13 de novembro de 1938 e finada en París o 30 de agosto de 1979, foi unha actriz estadounidense, lembrada pola súa participación en numerosos filmes como Saint Joan (1957), Bos días tristeza (1958), O final da escapada (1960) e Lilith (1964).

Seberg faleceu aos 40 anos en París, vítima dunha sobredose de barbitúricos; a policía determinou que a actriz se suicidou. Seberg tamén é coñecida por ser unha vítima do Programa de Contraintelixencia do FBI, como unha represalia polo seu apoio a distintos grupos de dereitos civís durante a década de 1960.

Traxectoria Seberg naceu en Marshalltown, no estado de Iowa. O seu máximo desexo era ser actriz de cinema. Estudou na Universidade de Iowa e despois conseguiu o papel protagonista do filme Saint Joan, dirixido por Otto Preminger en 1957, papel para o que se recibiron ofertas de 18 000 candidatas."Seberg: Real-life Cinderella" by Peer J. Oppenheimer, The Palm Beach Post, April 28, 1957, p. 11

O ano seguinte rodou o seu segundo filme, tamén con Preminger, Bos días tristeza e a continuación O final da escapada, de Jean-Luc Godard, un dos fitos da Nouvelle Vague,Charles Champlin. "Jean Seberg: A Hollywood tragedy", The Modesto Bee, 16 de setembro de 1979, páx. F6 que a converteu nunha actriz coñecida en Europa. Non tivo a mesma sorte nos Estados Unidos, polo que seguiu a traballar en Europa.

Foi simpatizante das Panteras Negras, o que lle trouxo certas complicacións cos sectores máis reaccionarios de Hollywood, que organizaron campañas contra ela, facendo correr o rumor de que que estaba embarazada dun líder dos Panteras Negras.Allan M. Jallon "A journalistic lapse allowed the FBI to smear actress Jean Seberg", The Los Angeles Times, 14 de abril de 2002. Mesmo chegou a ser vixiada polo FBI.

Nalgunhas ocasións Seberg regresou aos Estados Unidos para rodar un filme, como Lilith (1964), un turbio drama psicolóxico con Warren Beatty, e o western musical Paint Your Wagon (1969), con Clint Eastwood e Lee Marvin.

En 1979, antes de cumprir os 41 anos de idade, morreu en circunstancias non totalmente aclaradas. O seu cadáver foi atopado no interior dun automóbil estacionado nunha rúa do barrio parisiense de Passy. Parece ser que Seberg foi unha persoa máis fráxil e vulnerable do que aparentaba e que se suicidou cunha sobredose de barbitúricos. A súa filla Nana morrera aos dous días de nacer e Seberg nunca se recuperou do golpe. Aos dezaseis meses tamén se suicidou o seu home, o escritor Romain Gary.

Filmografía Ano Título Personaxe Notas 1957 Saint Joan Xoana de Arco 1958 Bos días tristeza Cecile 1959 The Mouse That Roared Helen Kokintz 1960 O final da escapada Patricia Franchini 1960 Let No Man Write My Epitaph Barbara Holloway 1961 Les Grandes Personnes Ann Título alternativo: Time Out for Love 1961 La Récréation Kate Hoover Título alternativo: Love Play 1961 Five Day Lover Claire Título alternativo: L'amant de cinq jours 1962 Congo Vivo Annette 1963 In the French Style Christina James 1964 Les plus belles escroqueries du monde Patricia Leacock (episodio "Le Grand Escroq")(escenas suprimidas) 1964 Backfire Olga Celan Título alternativo: Échappement libre 1964 Lilith Lilith Arthur 1965 Un milliard dans un billard Bettina Ralton 1966 Moment to Moment Kay Stanton 1966 Line of Demarcation Mary, comtesse de Damville Título alternativo: La Ligne de démarcation 1966 A Fine Madness Lydia West 1967 Estouffade à la Caraïbe Colleen O'Hara 1967 Who's Got the Black Box? Shanny Título alternativo: The Road to Corinth 1968 Les oiseaux vont mourir au Pérou Adriana 1968 The Girls Documentary 1969 Pendulum Adele Matthews 1969 Paint Your Wagon Elizabeth 1970 Airport Tanya Livingston 1970 Ondata di calore Joyce Grasse Título alternativo: Dead of Summer 1970 Macho Callahan Alexandra Mountford 1972 Kill! Kill! Kill! Kill! Emily Hamilton 1972 Questa specie d'amore Giovanna Título alternativo: This Kind of Love 1972 Gang War in Naples Luisa Título alternativo: Camorra 1972 L'Attentat Edith Lemoine Títulos alternativos: Plot, The French Conspiracy 1973 La corrupción de Chris Miller Ruth Miller 1974 Les Hautes solitudes Filme mudo con personaxes sen nome 1974 Mousey Laura Anderson / Richardson Telefilme 1974 Ballad for the Kid La star Directora, guionista e produtora 1975 Bianchi cavalli d'Agosto Lea Kingsburg 1975 The Big Delirium Emily Título alternativo: Le Grand Délire 1976 Die Wildente Gina Ekdal Título alternativo: Die Wildente 1979 Le bleu des origines ela mesma

Notas

Véxase tamén Bibliografía Bellos, David (2010). Romain Gary: A Tall Story. Londres: Harvill Secker Coates-Smith, Michael, and McGee, Garry (2012). The Films of Jean Seberg. Jefferson, NC: McFarland Guichard, Maurice (2008). Jean Seberg: Portrait francais. París: Editions Jacob-Duvernet McGee, Garry (2008). Jean Seberg – Breathless. Albany, GA: BearManor Media Moreuil, Francois (2010). Flash Back. Chaintreaux: Editions France-Empire Monde Munn, Michael (1992). Clint Eastwood: Hollywood's Loner. Londres: Robson Books Richards, David (1981). Played Out: The Jean Seberg Story. Random House Ligazóns externas Entrevista de Mike Wallace, 4 de xaneiro de 1958 Website dedicated to Jean Seberg Movie Star: The Secret Lives of Jean Seberg, filme documental FBI Docs Jean Seberg FBI File

Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de Iowa Categoría:Nados en Iowa Categoría:Nados en 1938 Categoría:Finados en 1979 Categoría:Suicidios en 1979 Categoría:Suicidas dos Estados Unidos de América