Os derméstidos (Dermestidae) son unha familia de coleópteros dos que hai de 500 a 700 especies en todo o mundo. En tamaño van desde 1 a 12 mm. Unha características clave dos adultos é ter corpos con forma oval cubertos de escamas ou sedas.Byrd, Jason. Castner, James (2001). Forensic Entomology: The Utility of Arthropods in Legal Investigations As antenas xeralmente teñen forma de maza e encaixan en fendas profundas do corpo. Os fémures traseiros tamén encaixan en ocos das coxas da pata. As larvas son scarabeiformes e tamén igualmente sedas.
Os derméstidos teñen hábitos variados; a maioría dos xéneros son preeiros e aliméntanse de animais secos ou material vexetal, como pel ou pole, pelo animal, plumas, insectos mortos e fibras naturais. Os membros do xénero Dermestes encóntranse en cadáveres animais, mentres que outros poden encontrarse en niños e tobos de mamíferos, aves, abellas ou avespas. Os Thaumaglossa só viven entre ovos de mántidos, e os Trogoderma son pragas dos grans de cereais.
Estes escaravellos son importantes en entomoloxía forense. Algunhas especies sábese que están asociadas con carcasas en descomposición, o que é unha axuda nas investigacións criminais. Algunhas especies son pragas (danan produtos almacenados) e poden causar grandes danos a produtos de fibras naturais en casas e comercios.
Utilízanse en taxidermia e nos museos de historia natural para limpar esqueletos animais. Algunhas especies de derméstidos infestan os estoxos de violíns, alimentándose dos pelos do arco.
Importancia forense Danos a produtos almacenados
Os derméstidos son destrutivos para diversos produtos. As fibras naturais como a la, seda, algodón, liño, pelames, ou plumas son máis facilmente atacadas por eles que as fibras sintéticas.P.G. Koehler and F.M. Oi (1991). Carpet Beetles. University of Florida IFAS Extension Tamén atacan o chocolate, copra e cocos.Walker, K. (2008). Hide Beetle . Pest and Diseases Image Library A maioría dos danos fanos as larvas, mentres que os adultos se alimentan de flores e arbustos.
Importancia médico-legal
miniatura|Derméstidos utilizados para limpar un cranio humano en Skulls Unlimited International, Oklahoma. Dermestes maculatus pode ofrecer aos investigadores unha estimación do tempo dunha morte desde que se cometeu un homicidio ou caso sospeitoso. De xeito similar ao que ocorre coas moscas en entomoloxía forense, a chegada de D. maculatus a un cadáver ocorre nunha sucesión predicible. O D. maculatus adulto xeralmente chega de 5 a 11 días despois da morte. Nun intento de afinar este intervalo relativamente grande, en investigacións recentes repetíronse os estudos sobre a sucesión de artrópodos nos cadáveres. Estes estudos aplícanse para estimar a chegada de varias especies de derméstidos despois dunha morte. O desenvolvemento dos dermétidos depende da temperatura, e a temperatura óptima para D. maculatus é de 30˚C. Os datos de desenvolvemento normalízanse usando graos día acumulados. Os derméstidos poden utilizarse en casos que implican entomotoxicoloxía, nos que as feces e exuvias das mudas larvais poden analizarse para ver a presenza de toxinas.
Características larvais xerais
Como todos os escaravellos os derméstidos teñen un desenvolvemento completo ou holometábolo, que comprende as fases de ovo, larva, pupa e adulto. A diferenza do que ocorre no desenvolvemento ametábolo ou hemimetábolo, no que as ás da larva se orixinan como xemas alares e, a medida que avanza o desenvolvemento, as ás empezan a desenvolverse externamente, as larvas de derméstidos nunca teñen xemas alares visibles. As larvas de derméstidos están profundamente cubertas de sedas de varias lonxitudes que lles dan un aspecto xeral "peludo".Beetle Identification . Pest Solutions Plus. As larvas son xeralmente de marróns escuras a negras e posúen un par de apéndices parecidos a espiñas ao final do abdome. A maioría das larvas de escaravellos teñen pezas bucais mastigadoras,Corpse Fauna: Beetle Larvae. Decomposition. unha cápsula na cabeza ben visible, que está esclerotizada, e tres pares de patas torácicas ben desenvolvidas que as distinguen doadamente das larvas de dípteros (careixas). O tamaño da larva depende da especie e normalmente é de menos de 13 mm. As larvas de derméstidos encóntranse xeralmente en produtos orgánicos que son difíciles de dixerir por outros organismos, como alimentos secos, peles, coiros, madeira e outras fibras naturais. En estudos forenses, as larvas encóntranse en cadáveres humanos durante as fases seca e esquelética de descomposición, que teñen lugar varios días despois da morte.Forensic Entomology: Use of Insects to Help Solve Crime. Forensic Investigations. As larvas xeralmente foxen da luz e adoitan agocharse nalgunha cavidade para que non as molesten.
Taxons seleccionados Xéneros Estes 41 xéneros pertencen á familia Dermestidae:
Adelaidia Blackburn, 1891 g Amberoderma Háva & Prokop, 2004 g Anthrenocerus Arrow, 1915 g Anthrenus O. F. Müller, 1764 i c g b Apsectus LeConte, 1854 i c g b Attagenus Latreille, 1802 i c g b Caccoleptoides Herrmann, Háva & Kadej, 2015 g Caccoleptus Sharp, 1902 g b Cretonodes Kirejtshuk & Azar, 2009 g Cryptorhopalum Guérin-Méneville, 1838 i c g b Ctesias Stephens, 1830 i c g b Dearthrus LeConte, 1861 i c g b Dermestes Linnaeus, 1758 i c g b Egidyella Reitter, 1899 i c g Evorinea Beal, 1961 g Globicornis Latreille, 1829 g Jiriella Kitano, 2013 g Labrocerus Sharp, 1885 i c g Megatoma Herbst, 1792 i c g b Miocryptorhopalum Pierce, 1960 g Neoanthrenus Novelsis Casey, 1900 i c g b Oisenodes Kirejtshuk, Háva & Nel, 2010 g Orphilodes Lawrence & Ślipiński, 2005 g Orphilus Erichson, 1846 i c g b Orphinus Motschulsky, 1858 i c g b Paranovelsis b Phradonoma Jacquilin du Val, 1859 g b Pseudohadrotoma b Reesa Beal, 1967 i c g b Reeveana Tillyard, 1923 g Sefrania Pic, 1899 g Thaumaglossa Redtenbacher, 1867 i c g b Thorictodes Reitter, 1875 i c g b Thorictus Germar, 1834 g Thylodrias Motschulsky, 1839 i c g b Trichodryas Lawrence & Slipinski, 2005 g Trinodes Dejean, 1821 g Trogoderma Dejean, 1821 i c g b Tryoniopsis Tillyard, 1923 g Zahradnikia Háva, 2013 g Zhantievus Beal, 1992 g
Fontes dos datos: i = ITIS, c = Catalogue of Life, g = GBIF, b = Bugguide.net
Dermestes
miniatura|right|200px|Dermestes lardarius A larva de Dermestes lardarius é máis longa que o adulto e está cuberta de sedas marróns avermelladas ou negras.Larder Beetle . University of Rhode Island Green Share Factsheets. No extremo do abdome ten dous apéndices curvados cara a atrás similares a espiñas, máis curvados que a larva do Dermestes ater. As larvas maduras de ambas as especies adoitan perforar substratos duros como a madeira, cortiza e xeso para pupar.Lyon, W. F. Hide and Larder Beetles. Ohio State University Extension Fact Sheet.
A larva de D. lardarius raramente é unha praga doméstica. Os adultos e larvas aliméntanse de peles e coiros sen curtir. Os adultos son xeralmente de 8,5 a 9,6 mm de longo e son marróns escuros cunha banda ancha amarela clara a través da porción superior dos élitros. Teñen tres puntos negros dispostos en triángulo en cada á. O esterno e patas están cubertas de sedas amarelas finas. Os adultos encóntranse normalmente fóra das casas en áreas protexidas durante o inverno, pero durante a primavera e inicio do verán entran nas casas. As femias poñen aproximadamente 135 ovos preto dunha fonte de alimento, e os ovos eclosionan en 12 días. O ciclo de vida desta especie dura de 40 a 50 días.
O D. ater é completamente escuro con sedas amarelas espalladas polo corpo. É similar a Dermestes maculatus pero carece de élitros con aserraduras. A súa superficie ventral é amarela en vez de branca. Este escaravello é unha praga para os peixes, cogomelos e o queixo gardado nas casas.Genus Dermestes. BugGuide.
Dermestes maculatus aliméntase de peles e coiros sen curtir igual que D. lardarius. Esta especie é similar en aspecto a D.lardarius, con sedas marróns avermelladas ou negras curtas e longas, mais os seus apéndices con forma de espiña posteriores están curvados cara a adiante. Ademais, as ás anteriores son marróns escuras e o esterno é principalmente branco con algo de negro.Bennett, S. M. (2003). [http://www.the-piedpiper.co.uk/th7q.htm Dermestes maculatus]. O seu ciclo de vida é de 60 a 70 días e as femias poden poñer ata 800 ovos.
Tanto D. maculatus coma D. lardarius aliméntanse de diversos produtos baseados en proteínas animais e causan graves danos nas zonas onde se cría o verme da seda para obter seda e en museos.
Attagenus
As larvas de Attagenus empezan a alimentarse inmediatamente despois de eclosionar. Teñen forma de cenoria e están moi cubertas de sedas, especialmente na súa parte posterior. O número de estadios varía de 5 a 11 e nalgúns casos chega a 20. As larvas de Attagenus megatoma poden medrar ata 12 mm e son de cor amarela a marrón. Noutras especies son de 6 a 25 mm de longo e están cubertas de sedas escuras. Certas especies teñen distintivos penachos de sedas que se estenden desde o extremo posterior. Estes escaravellos son atraídos por tecidos sucios e gretas onde os insectos mortos poden servirlles de alimento.Lyon, William F. Carpet Beetle. Ohio State University Extension Fact Sheet..
O Attagenus megatoma é unha praga de produtos almacenados que poida comer e unha das máis destrutivas polo seu potencial de danar produtos que hai nas casas que conteñan queratina, que é a proteína que forma os pelos e plumas.Dermestid Beetle . Texas A&M University Entomology. Tamén escavan en varios tipos de paquetes para alimentos, o que permite o paso doutros insectos. As femias poden poñer ata 90 ovos e eclosionan en de 8 a 15 días. Xeralmente, esta especie só ten unha xeración por ano. O tempo que tarda en chegar a adulto varía de seis meses a un ano. Ademais, un adulto pode vivir outros dous meses máis.Exploring California Insects: Carpet or Museum Beetles . O tamaño medio dun adulto é duns 2,8 a 5 mm de longo e son ovais, de marróns escuras a negro brillante e teñen patas marróns.
Anthrenus
O Anthrenus verbasci ataca obxectos típicos das casas. Están normalmente asociados con obxectos como as alfombras, la, pelames e calquera alimento animal procesado ou vexetal. A súa dieta tamén inclúe os insectos mortos, arañas e mesmo néctar e pole. As femias poden poñer ata 40 ovos e o número de estadios larvais vai de 7 a 8. Tarda en facerse adulto de oito meses a un ano. Ademais, os adultos poden vivir de dúas a seis semanas. Esta especie varía en forma, tamaño, cor e padrón de escamas. Como media, os adultos miden de 2 a 3 mm de longo e teñen escamas que varían desde brancas a marróns, amarelas ou gris amarelado. Os pelos das larvas poden causar reaccións alérxicas como dermatite de contacto ou vinchas en humanos que tiveron contacto con eles.
Trogoderma
Ao eclosionaren, as larvas de Trogoderma son de 1,6 a 1,8 mm de longo e están densamente cubertas de sedas. As larvas de Trogoderma granarium teñen sedas corporais características, como pelos simples e pelos barbados. As larvas son branco amareladas pero a cabeza e as sedas do corpo son marróns. A medida que se desenvolven, as larvas cambian de cor a dourado ou marrón avermellado e a porción do abdome faise proporcionalmente máis curto. As larvas maduras alcanzan unha lonxitude máxima de 6 mm e 1,5 mm de ancho.Harris, D.L. (2006) Khapra Beetle. University of Florida IFAS Extension.