right|miniatura|150px|Parede do Instituto Biomédico da Universidade Federal Fluminense, no Brasil. Biomedicina é un termo que engloba o coñecemento e a investigación que é común aos campos da medicina e os doutras ciencias biolóxicas, como a bioquímica, a inmunoloxía, a química, a bioloxía, a histoloxía, a xenética, a embrioloxía, a anatomía, a fisioloxía, a patoloxía, a zooloxía, a botánica e a microbioloxía.Biomedicine en Universidade de Würzburg .

Procedementos A biomedicina relaciónase coa práctica da medicina, e aplica todos os principios das ciencias naturais á práctica clínica, mediante o estudo e investigación dos procesos fisiopatolóxicos, considerando desde as interaccións moleculares até o funcionamento dinámico do organismo, a través das metodoloxías aplicadas na bioloxía, a química e a física.Definicións .Biomedicine, definición no Free Dictionary .

Deste xeito permite a creación de novos fármacos, menos tóxicos ou invasivos, e perfecciona o diagnóstico precoz de enfermidades e o tratamento destas.

Premio Nobel de Medicina 2008 no Parlamento Europeo Luc Montagnier estivo no Parlamento Europeo, o día 1 de abril de 2009, no ámbito da Conferencia dedicada ao "Futuro da investigación biomédica no século XXI". Nunha entrevista exclusiva ao sitio oficial do Parlamento Europeo, o médico francés referiu que «o principal obxectivo (da investigación científica do VIH) debe ser a creación dunha vacina terapéutica, non nos debemos centrar na vacina preventiva».

Notas

Véxase tamén Outros artigos Medicina traslacional Investigación traslacional Física médica

Ligazóns externas Centro de Investigación en Ingeniería Biomédica Universidad Politécnica de Cataluña , , .

Categoría:Biomedicina