Albert Louis Hammond, Jr., nado como Hammond III o 9 de abril de 1980 nos Ánxeles, é un guitarrista, cantante, compositor e produtor estadounidense. É coñecido principalmente polo seu traballo como guitarrista, ademais de teclista e corista ocasional, na banda de indie rock The Strokes. É fillo do cantautor Albert Hammond.

Hammond Jr. publicou o seu álbum de estrea en solitario, Yours To Keep, no ano 2006. En 2008 editou o segundo, ¿Cómo Te Llama?, seguido polo EP AHJ en 2013 e un terceiro álbum, Momentary Masters, en 2015. O seu derradeiro traballo ata a data, Francis Trouble, foi lanzado a través do selo Red Bull Records o 9 de marzo de 2018.

Discografía en solitario Álbums Álbum Ano Selo Yours to Keep 2006 Rough Trade Records ¿Cómo Te Llama? 2008 Rough Trade Records Momentary Masters 2015 Vagrant Records, Infectious Music Francis Trouble 2018 Red Bull Records

EPs Álbum Ano Selo AHJ 2013 Cult Records

Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial

Categoría:Nados en 1980 Categoría:Nados nos Ánxeles Categoría:Guitarristas dos Estados Unidos de América