Donkey Punch the Night é o terceiro EP da banda estadounidense de rock alternativo Puscifer, publicado o 19 de febreiro de 2013 a través do selo Puscifer Entertainment.
Antecedentes Donkey Punch the Night é a continuación do álbum de 2011 Conditions of My Parole e inclúe dous temas novos, "Breathe" e "Dear Brother", ademais de dúas versións, "Bohemian Rhapsody" de Queen e "Balls to the Wall" de Accept. Tamén inclúe remesturas das novas cancións e dunha das versións.
O EP foi editado o 19 de febreiro de 2013 en formato dixital e en CD, sendo o vinilo publicado posteriormente o día 12 de marzo. O EP anunciouse, xunto coa súa listaxe de cancións e un conxunto deconcertos en Australia, en novembro de 2012. No EP participou a mesma formación que en Conditions of My Parole, con Maynard James Keenan nas voces, Carina Round nas voces e na guitarra, Mat Mitchell no baixo, na guitarra e nas programacións, Juliette Commagere nas voces adicionais, Josh Eustis na guitarra e no piano, Matt McJunkins no baixo e Jeff Friedl na batería e na percusión. Ademais participaron varios músicos invitados: Zac Rae no piano, Josh Morreau no baixo e Claire Acey nas voces. Entre os artistas incluídos para as remesturas están Drumcell, SONOIO, Jonathan Bates e DJ Silent Servant.
Listaxe de cancións
Notas
Categoría:EPs musicais de 2013 Categoría:EPs de Puscifer