Dame Kristin Ann Scott Thomas, nada en Redruth o 24 de maio de 1960 é unha actriz británica. Cinco veces candidata ao premio BAFTA e cinco veces ao Laurence Olivier Award, gañou ambos nunca ocasión. Foi tamén candidata ao Oscar á mellor actriz secundaria por O paciente inglés (1996).

Scott Thomas debutou en Under the Cherry Moon (1986), dirixido por Prince, e gañou o Evening Standard Film Award á mellor promesa por A Handful of Dust (1988). Traballou no cinema de Francia, incluíndo The Valet (2006), Ne le dis à personne (2007), Leaving (2009), Love Crime (2010) e Elle s'appelait Sarah (2010), e gañou o premio do Cinema Europeo por Il y a longtemps que je t'aime (2008).

Traxectoria Infancia e inicios Scott Thomas naceu en Redruth, Cornualla. A súa nai, Deborah (nada Hurlbatt), criouse en Hong Kong é África, e estudou arte dramática antes de casar co pai de Kristin, Lieutenant Commander Simon Scott Thomas, piloto na Royal Navy que faleceu nun accidente aéreo cando a súa filla tiña cinco anos. Kristin é a irmá máis vella da tamén actriz Serena Scott Thomas, sobriña de Admiral Sir Richard Thomas (antigo Black Rod, oficial de cerimonias da Casa dos Lores, e sobriña bisneta do capitán Scott, que perdeu a carreira para chegar ao polo Sur.

Scott Thomas foi educada como católica. A súa casa de infancia estaba en Trent, Dorset, Inglaterra. A súa nai volveu casar con outro piloto da Royal Navy, Tte Cdr Simon Idiens, que tamén faleceu nun accidente aéreo na costa norte de Cornualla, seis anos despois do pasamento do pai. Scott Thomas estudou en Cheltenham Ladies' College e St Antony's Leweston en Sherborne, Dorset, ambas as dúas escolas independentes. Cando rematou a escola, mudouse a Hampstead, Londres, e traballou nunha tenda. Entón comezou a estudar para ser profesora de arte dramática en Central School of Speech and Drama. Despois de que lle dixesen que nunca sería unha boa actriz, deixouno aos dezanova anos para traballar como au pair en París. Falando francés, estudou interpretación en École nationale supérieure des arts et techniques du théâtre na mesma cidade e tras graduarse aos 25 anos foi contratada por Prince como Mary Sharon, herdeira francesa, no filme de 1986 Under the Cherry Moon.

Career O papel que a descubriu foi A Handful of Dust, baseado na obra de Evelyn Waugh. Seguírono os filmes con Hugh Grant Bitter Moon e Catro vodas e un funeral polo que gañou o BAFTA á mellor actriz secundaria.

En 1994 protagonizou o filme francorromanés O vară de neuitat, no que interpretaba a Marie-Thérèse Von Debretsy. En lugar de aprender romanés leu as liñas foneticamente, que non obstante tiña traducidas en francés para saber que dicía.

1996 viu a estrea do seu papel máis célebre, Katharine Clifton en O paciente inglés, polo que recibiu candidaturas ao Oscar e ao Globo de Ouro. Seguino un breve período en Hollywood con filmes como The Horse Whisperer con Robert Redford e Random Hearts con Harrison Ford. Porén, viuse decepcionada con Hollywood e abandonouno por un tempo polo nacemento do seu terceiro fillo.

Volveu ao escenario en 2001 coa produción francesa Berenice, de Jean Racine, e á pantalla con Lady Sylvia McCordle na aclamada Gosford Park, de Robert Altman. Comezou así unha segunda e recoñecida carreira no teatro, na que recibiu catro candidaturas aos premios Laurence Olivier á mellor actriz, gañando pola súa interpretación de Arkadina en The Seagull, de Anton Chekhov. Repetiu o papel en Nova York en setembro de 2008.What's On Stage.Speeches: And the Laurence Olivier Winners SaidConsultado: 5 de xuño de 2011 No verán de 2011, Scott Thomas volveu ao West End para interpretar a Emma en Betrayal, de Harold Pinter no Comedy Theatre, dirixida por Ian Rickson e coprotagonizada por Ben Miles e Douglas Henshall. En xaneiro de 2013, protagonizou outra obra de Pinter, Old Times, de novo dirixida por Ian Rickson. En 2014, apareceu no The Old Vic protagonizando Electra, de Sófocles.

Scott Thomas tamén interveu en filmes franceses. En 2006 intrepretou a Hélène en Ne le dis à personne, do director Guillaume Canet. En 2008, recibiu boas críticas e premios pola súa interpretación en Il y a longtemps que je t'aime. En Elle s'appelait Sarah (2010), interpretou a Vel' d'Hiv Roundup, xornalista estadounidense que vivía en París e que descobre que o piso que o seu home está renovando foi o fogar dunha familia xudía que foi desafiuzada.

Outros traballos foron Elizabeth Boleyn, nai de Ana Bolena, segunda esposa de Henrique VIII en The Other Boleyn Girl, unha creadora e editora de moda en Confessions of a Shopaholic, a adaptación da novela The Woman in the Fifth, de Douglas Kennedy, e o filme de 2012 Bel Ami, baseado na novela Bel Ami de 1885 de Maupassant. The Invisible Woman de Ralph Fiennes, Before the Winter Chill de Philippe Claudel, Only God Forgives de Nicolas Winding Refn, My Old Lady de Israel Horovitz e Suite Française, dirixido por Saul Dibb.

En maio de 2017, informouse que Scott Thomas asinara para interpretar a herdeira de BMW Susanne Klatten no suspense Paramour, dirixido por Alexandra-Therese Keining.

En 2003 foi declarada Oficial da Orde do Imperio Británico (OBE) e Dame Commander of the Order of the British Empire (DBE) en 2015.2015 New Year Honours List Foi nomeada cabaleiro da Lexión de Honra francesa en 2005.

Vida privada Scott Thomas está divorciada do xinecólogo francés François Olivennes, co que ten tres fillos: Hannah (nada en 1988), Joseph (1991) e George (2000). Vive en Francia dende os dezanove anos, criando os seus fillos en París, e en ocasións considérase máis francesa que británica.

Filmografía Ano Título Personaxe Notas1984Mistral's DaughterNancyMiniserie1985CharlyCurtametraxe1986 Under the Cherry MoonMary SharonCandidata ao Golden Raspberry Award á peor actriz secundaria e á peor nova estrela1987Djamal et Juliette1987Agent troubleJulie1988Lounge ChairMarie1988Brenda LastEvening Standard British Film Award á mellor promesa1988 Thérèse1989Bille en têteClaraTamén estreada como Headstrong1989Force majeureKatia1990Marie Forestier1990Spymaker: The Secret Life of Ian FlemingLeda St Gabriel1991Aux yeux du monde1991Valentino! I Love YouCurtametraxe1991Mio caro dottor GräslerSabine1992Bitter MoonFiona1993Body & SoulAnna - Sister GabrielMiniserie1994 O vară de neuitatMarie-Thérèse von Debretsy1994 Catro vodas e un funeralFionaBAFTA Award for Best Actress á mellor actriz secundariaEvening Standard British Film Award á mellor actriz1994 Le ConfessionnalAxudante de Alfred Hitchcock1995Plaisir d'offrirCurtametraxe1995En mai, fais ce qu'il te plaîtMartine1995Les MillesMary-Jane Cooper1995 Richard IIILady Anne1995 Anxos e insectos Matty CromptonEvening Standard British Film Award á mellor actriz1996 MicrocosmosNarradora1996Gulliver's Travels Immortal GatekeeperMiniserie1996 O paciente inglés Katharine CliftonNational Board of Review Award á mellor actriz secundariaCandidata ao Oscar, BAFTA, Globo de Ouro, Satellite Award, Screen Actors Guild Award á mellor actrizCandidata ao Screen Actors Guild Award ao mellor elenco1996 Mission: Impossible Sarah Davies1996 Somebody to Love1996 Caroline1997 Amour et confusionsSarah1998Souvenir Ann1998 Sweet Revenge Imogen Staxton-Billing1998 Annie MacLean1999Random HeartsKay Chandler2000 Up at the Villa Mary Panton2000 Play First WomanCurtametraxe2001 Life as a House Robin Monroe2001 Gosford Park Sylvia McCordleBroadcast Film Critics Association Award, Florida Film Critics Circle Award, Online Film Critics Society Award, Satellite Awards, Screen Actors Guild Award ao mellor elencoCandidata ao Phoenix Film Critics Society Award ao mellor elenco2003 Small CutsBéatricePetites coupures2004 Arsène LupinJoséphine, comtesse de Cagliostro2005 Man to ManElena van den Ende2005Chromophobia Iona Aylesbury2005 Keeping Mum Gloria GoodfellowCandidata ao London Film Critics' Circle á mellor actriz2006 Christine Levasseur2007Mauvaise penteYolande Moreau2007Ne le dis à personneHélène Perkins2007 Lynn Lockner2007 Stelmaria2008 Il y a longtemps que je t'aimeJuliettePremio do Cinema Europeo e London Film Critics' Circle á mellor actrizCandidata ao BAFTA, ao César, ao Globo de Ouro, ao Irish Film and Television Award e ao Satellite Award á mellor actriz 2008 Elizabeth Boleyn2008Seuls twoL'antiquaire2008 Easy Virtue Mrs. WhittakerCandidata ao British Independent Film Awards e ao London Film Critics' Circle á mellor actriz secundaria2008 Largo Winch Ann Fergusson2009 Confessions of a Shopaholic Alette Naylor2009LeavingSuzanneCandidata ao César e ao Globes de Cristal Award á mellor actriz2010Nowhere BoyMimi SmithCandidata ao BAFTA, ao British Independent Film Awards, ao London Film Critics' Circle, ao Satellite Award e ao Phoenix Film Critics Society Award á mellor actriz secundaria2010In Your HandsAnna Cooper2010Love CrimeChristine2010Elle s'appelait SarahJulia JarmondLumières Award á mellor actrizGlobes de Cristal Award for Best ActressCandidata aó César á mellor actriz2011The Woman in the FifthMargit Kadar2011 Salmon Fishing in the YemenPatricia Maxwell2012Bel AmiVirginie Walters2012In the HouseJeanne Germain2012Looking for HortenseIva Delusi2013Only God ForgivesCrystal2013The Invisible WomanCatherine Ternan2013Before the Winter ChillLucie2014Suite françaiseMadame Angellier2014My Old LadyChloé Girard2015The Kitchen BoyAlexandra Romanov2017The PartyJanet2017Darkest HourClementine ChurchillCandidata ao BAFTA á mellor actriz secundaria2018Tomb RaiderAna Miller

Teatro La Lune déclinante sur 4 ou 5 personnes qui dansent (1983, Festival de Semur en Auxois) Terre étrangère (1984, Théâtre Nanterre-Amandiers) Naïves Hirondelles (1984, Festival d'Avignon) Yes, peut-être (1985, nun campo de Borgoña) Bérénice (2001, Festival de Perpignan and Festival d'Avignon + national tour) Three Sisters (2003, Playhouse Theatre, Londres) ... Masha As You Desire Me (2005–06, Playhouse Theatre, Londres) ... Elma The Seagull (2007, Royal Court Theatre, Londres) ... Arkadina The Seagull (2008, Walter Kerr Theatre, Nova York) ... Arkadina Harold Pinter's Betrayal (2011, Comedy Theatre, Londres) ... EmmaComedy Theatre website "Ambassador Theatre Group's AmbassadorTickets.com" , consultado o 24 de xuño de 2011. Harold Pinter's Old Times (2013, Harold Pinter Theatre Londres) ... Kate/Anna Sófocles' Electra (2014, The Old Vic, Londres) ... Electra Peter Morgan's The Audience (2015, Apollo Theatre, London) ... Isabel II do Reino Unido

Honores 50pxDame Commander of the Order of the British Empire (2015) 50px Chevalier de la Légion d'honneur (2005).

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Ryan Gilbey, "The three stages of Kristin", interview, The Guardian, 27 de xullo de 2007 Mark Anstead, "Kristin Scott Thomas: The Ice Maiden thaws", interview, Daily Mail, 8 de xuño de 2007 Louise France, "I'm 47. Unlike most actresses I don't lie about my age" Interview, The Guardian, 3 de febreiro de 2008 Betrayal, "Comedy Theatre Review", The Telegraph, 17 de xuño de 2011 Betrayal - Review, "Comedy Theatre London", The Guardian, 17 de xuño de 2011 First Night: Betrayal, "Comedy Theatre London" , ''The Independent', 17 de xuño de 2011

Categoría:Nados en Cornualla Categoría:Nados en 1960 Categoría:Actores de cinema de Inglaterra Categoría:Actores de televisión de Inglaterra Categoría:Actores de teatro de Inglaterra