Saman AtalaTransliteración segundo o traballo Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica de Víctor Fresco Barbeito.Tamén coñecido por outras romanizacións do seu nome, como Saman Atallah e Siman Atallah. (en ), nado no Líbano o 10 de xaneiro de 1937, é un bispo e relixioso católico maronita, entre 2005 e 2015 bispo de Balbik - Dair al-Ahmar. Traxectoria Entrou na orde dos antonianos o 31 de outubro de 1951, facendo os votos solemnes o 1 de novembro de 1959. Marchou a estudar Teoloxía ao Pontificio Ateneo de Santo Anselmo de Roma, e posteriormente continuou os seus estudos de Liturxia no Pontificio Instituto Oriental. O 8 de decembro de 1963 foi ordenado sacerdote da orde.

O Sínodo da Igrexa maronita reunido do 18 ao 24 de setembro de 2005 elixiuno bispo de Balbik - Dair al-Ahmar. O papa Bieito XVI deu a súa aprobación o 28 de decembro de 2005. Foi consagrado bispo polo patriarca Nasrala Pedro Sufair o 11 de febreiro de 2006. Permaneceu no cargo até que se retirou como emérito o 14 de marzo de 2015. Notas

Categoría:Nados en 1937 Categoría:Nados no Líbano Categoría:Relixiosos católicos do Líbano Categoría:Antonianos maronitas Categoría:Bispos católicos do Líbano Categoría:Bispos católicos do século XXI Categoría:Bispos da Igrexa católica maronita