A tempada 2017-2018 do Top 14 foi a 119ª edición da primeira división da liga francesa de rugby, campionato fundado no ano 1892. A fase de liga comezou o 26 de agosto de 2017 e rematou a mediados de maio de 2018 . Esta fase continuouse co playoff, que todos os anos disputan os seis mellores equipos durante a fase regular. A final xogouse o 2 de xuño de 2018 no Stade de France de Saint-Denis, como é habitual.

O defensor do título era o ASM Clermont Auvergne. O vencedor da final resultou ser o Castres Olympique por 5ª ocasión na súa historia.

Equipos Nesta edición da máxima categoría do rugby francés participaron 14 equipos: os 12 mellor situados do Top 14 2016-2017 e os 2 ascendidos da segunda división, o SU Agen e o US Oyonnax, que ocuparon as prazas que deixaran baleiras o FC Grenoble e o Aviron Bayonnais ao descenderen no ano anterior.

EquipoCidadeDepartamentoEstadioCapacidade25px|border AgenAgen Lot e GaronaStade Armandie14.00025px|border Bordeaux BèglesBordeosXirondaStade Chaban-Delmas Stade Matmut Atlantique34.700 42.11525px|border BriveBrive-la-GaillardeCorrèzeStade Amédée-Domenech14.00025px|border Castres OlympiqueCastresTarnStade Pierre-Fabre12.50025px|border Clermont AuvergneClermont-FerrandPuy-de-DômeParc des Sports Marcel Michelin19.00025px|border La RochelleLa RochelleCharente MarítimoStade Marcel-Deflandre16.00025px|border LyonLiónRódanoStade Gerland25.00025px|border MontpellierMontpellier HéraultAltrad Stadium15.67925px|border OyonnaxOyonnaxAinStade Charles-Mathon11.40025px|border PauPau Pireneos AtlánticosStade du Hameau18.00025px|border Racing Métro 92Nanterre Hauts-de-SeineStade Olympique Yves-du-Manoir U Arena14.000 30.68125px|border Stade FrançaisParísParísStade Jean-Bouin20.00025px|border ToulonToulon VarStade Mayol18.20025px|border ToulouseTolosaAlta GaronaStade Ernest-Wallon19.500

Formato da competición O torneo está composto por 14 equipos, e ten un formato segundo o cal os equipos teñen que disputar dúas voltas completas, de xeito que cada equipo se enfronte ós outros 13 conxuntos dúas veces, unha como local e outra como visitante. Cada equipo xoga un total 26 partidos.

O sistema de puntuación é o seguinte:

4 puntos pola vitoria. 2 puntos polo empate. 0 puntos pola derrota. 1 punto por anotar 3 ensaios ou máis que o rival. 1 punto por perder por 5 ou menos puntos.

Liga regular

Fase final O seis mellores equipos da liga regular acadaron o dereito a loitar polo título nesta fase final. Os dous primeiros equipos da táboa pasaron a semifinais directamente, mentres que os catro seguintes tiveron que disputar unha eliminatoria previa de cuartos de final. Os encontros de cuartos de final xogáronse nos campos do terceiro e cuarto da táboa, mentres que as semifinais e a final tiveron lugar en estadios neutrais. O estadio elixido para as dúas semifinais foi o Parc Olympique Lyonnais de Lión (Auvernia-Ródano-Alpes), e a final disputouse como vén sendo habitual nas últimas décadas, no Stade de France de Saint-Denis.

Véxase tamén Outros artigos Top 14

Ligazóns externas Páxina oficial da LNR . Estatísticas do torneo en Itsrugby .

Categoría:Rugby en Francia Categoría:Rugby en 2018