A investigación traslacional no ámbito biomédico enténdese como a aplicación dos coñecementos básicos que se adquiren no laboratorio de investigación á práctica clínica, co obxecto de mellorar a asistencia médica. Este tipo de investigación é un elemento necesario para o éxito de calquera estratexia que se propoña melllorar a saúde dos cidadáns a través de programas específicos.Investigacióm Traslacional no Centro de Investigación Biomédica en Red. Bioingeniería, Biomateriales y Nanomedicina .
Fundamentos A aplicación real dos últimos conoñecementos científicos á práctica clínica debe ser entendida como unha nova forma de investigación á que se denominou "traslacional". O seu obxectivo primordial, no caso da farmacoloxía, debe ser trasladar o descubrimento desde a primeira síntese química dunha substancia como futuro medicamento, á clínica, contribuíndo así a mellorar o trastamento ou a prevención das enfermidades da forma máis rápida posíbel. Dada a súa propia natureza, a investigación traslacional debe contar coa participación de moi diversas disciplinas e, polo tanto, tamén de diferentes centros e profesionais da investigación.Foros de debate en investifación trasacional .
Orixe e obxectivos A pesar de ser unha disciplina relativamente recente, a medicina traslacional está hoxe de moda. Durante os últimos anos, o termo utilízase cada vez con maior frecuencia en contextos tan diversos como a industria farmacéutica, as institucións académicas, os organismos financeiros ou as organizacións sanitarias.
A necesidade de estreitar os lazos entre a investigación básica e a clínica deu nacemento á investigación traslacional. A separación entre a investigación biomédica básica e a aplicación clínica medrou e, a pesar da grande explosión actual dos coñecemento sobre os mecanismos dos procesos biolóxicos, isto non se traduciu no incremento correspondente de novos tratamentos.Bermejo, J.; Heras, M.; Segovia, J. & Alfonso, F. (2009): "Medicina cardiovascular traslacional. Ahora o nunca". Rev. Esp. Cardiol. 62 (2): 66-68.
Por outra parte, na industria farmacéutica, o crecemento exponencial de I+D no desenvolvemento de novas moléculas foi acompañado dun lento declive no número de fármacos comercializados.Littman, B. H.; Di Mario, L.: Plebani, M. & Marincola, F. M. (2007): "What's next in translational medicine?". Clin Sci (Lond). 112 (4): 217-227. (Resume).
O coñecimiento adquirido na investigación básica tivo escaso impacto na práctica clínica. Nin os estudos realizados no laboratorio e no quirófano experimental, nin os ensaios clínicos en fase I, reflicten o estado real dos doentes para poder predicir a eficacia e seguridade dun novo tratamento.
Neste contexto xorde o concepto de medicina traslacional cun obxectivo tan fácil de definir como difícil de conseguir: facilitar a traslación da investigación básica a aplicacións clínicas que redunden en beneficio da saúde.Wehling, M. (2008): "Translational medicine: science or wishful thinking?". J. Transl. Med. 6 (31).
A medicina traslacional céntrase en amortizar en beneficio económico e médico o esforzo dedicado á investigación básica. Este é o obxectivo que deu lugar á reorientación do financiaciamento dos National Institutes of Health (NIH), que destinaron máis de 10 000 millóns de dólares aos centros de medicina traslacional. Zerhoni, E. A. (2005): Translational and Clinical Science — Time for a New Vision . N. Engl. J. Med, 353 (15): 1621-1623.
Notas
Véxase tamén Outros artigos National Institutes of Health (Estados Unidos)
Ligazóns externas Centro de Investigación Biomédica en Red. Bioingeniería, Biomateriales y Nanomedicina , . Investigación traslacional. En: Senesciencia. Revista de la Universitat de Barcelona sobre salut i benestar . Investigación traslacional. En: EUPATI. Academia Europea de Pacientes . Damasia Becú-Villalobos (2014): Medicina traslacional, ¿moda o necesidad?. Medicina (B. Aires). Vol. 74 nº 2. Oscar Llopis e Pablo D'Este: Investigación traslacional e innovación médica: el caso de las redes CIBER . En: Sociedad Española de Bioquímica y Biología molecular .
Categoría:Termos médicos Categoría:Investigación