miniatura|200px|Portada do Hospital.

O Antigo Hospital de San Roque de Santiago de Compostela é un edificio orixinario do século XVI, que foi reformado no XVIII.

Na actualidade, e tras da súa compra pola Xunta de Galicia e a súa rehabilitación a finais do século XX, o edificio serve de sede a diversas institucións culturais da cidade.

Localización Está situado no alto da rúa das Rodas, onde comeza a rúa de San Roque, no nº 2 desta rúa.Antiguo Hospital e Iglesia de San Roque en Santiagoturismo.com.

Historia

Un hospital do século XVI Terminado en 1583, o hospital foi inaugurado en 1578 polo arcebispo Francisco Blanco para acoller aos afectados polas terríbeis epidemias de peste que asolaron a cidade no século XVI,Antigo Hospital de San Roque, en Turismo.gal. dedicándose a San Roque por ser este un dos santos máis invocados para protexer contra esta enfermidade.

O deseño do edificio encargouse a Gaspar de Arce, mestre de obras da Catedral de Santiago. Da súa antiga traza só conserva a portada renacentista, xa que foi reedificado na segunda metade do século XVIII. A súa estrutura conta cunha planta rectangular e un claustro. Destaca pola súa gran sobriedade e as súas liñas simples. A fachada segue a estrutura dun arco de triunfo: sobre as pilastras toscanas levántase un arco de medio punto apoiado en impostas. A continuación, un entaboamento sobre o que se ergue un segundo corpo de menores proporcións. Remata cun frontón triangular sobre unhas delgadas pilastras que enmarcan dúas fornelas coas figuras dos santos Cosme e Damián, os imáns xemelgos que practicaban a medicina gratuitamente.

Do interior cabe resaltar o fermoso claustro de dúas galerías, con catro arcos en cada lado que descansan sobre columnas dóricas.

Igrexa do século XVIII Formando conxunto co hospital, está a Igrexa de San Roque (ou Capela de San Roque), de planta tamén rectangular e de estilo barroco.

No seu interior acolle un dos máis importantes retablos de Simón Rodríguez.

En tempos modernos Cando deixou de exercer a súa función hospitalaria foi convertido en residencia do bispo auxiliar da arquidiocese. Tras da súa adquisición pola Xunta de Galicia, o edificio foi sometido nos últimos anos do século XX a unha profunda rehabilitación e adaptación funcional, a fin de dotalo de espazos adecuados para os depósitos bibliográficos e o desenvolvemento de actividades de carácter científico e cultural. As novas instalacións foron inauguradas o 14 de febreiro de 2001.CSIC. Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento. Edificio.

Na actualidade serve de sede a diversas institucións culturais da cidade: a Secretaria Xeral de Política Lingüística, o Centro Ramón Piñeiro; desde o ano 2002 acolle tamén ao Instituto Padre Sarmiento (C.S.I.C.), e desde a súa fundación, en 2004, é a sede da Real Academia de Farmacia de Galicia.Decreto 156/2004, do 1 de xullo, polo que se acorda a creación da Academia de Farmacia de Galicia .

No seu interior pódese ver a maqueta da Cidade da Cultura, de Peter Eisenman. Deixando a un lado o seu pequeno xardín, chégase ao conxunto formado polas contrastadas arquitecturas do Centro Galego de Arte Contemporánea e do Convento de San Domingos de Bonaval, que conforman un estreito pasadizo a través do que se accede ao parque de San Domingos de Bonaval.Conventos del Carmen y de Santa Clara y Antiguo Hospital de San Roque en Santiagoturismo.com.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Bonet Correa, Antonio (1984): La arquitectura en Galicia durante el siglo XVII. Madrid: CSIC. ISBN 84-00-02646-2. Martínez, Pablo F. (1935): "Hospitales de San Lorenzo y San Roque". Galicia. Revista Mensual Ilustrada, ano 4, nº 19, pp. 88–89. Vázquez Pardo, Emilio (1928): "El Hospital de San Roque". Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense, nº 179, pp. 186–189.

Ligazóns externas Antigo Hospital e Igrexa de San Roque. En Centro Virtual Cervantes . SAN ROQUE , por José Gambino, iacobus.org .

Categoría:Arquitectura civil en Santiago de Compostela Categoría:Arquitectura relixiosa en Santiago de Compostela