Aleksandr Nikolaevich Balandin foi un cosmonauta soviético que participou na misión Soiuz TM-9 como enxeñeiro de voo e foi parte da tripulación de apoio da Soiuz TM-8. Pasou un total de 179,05 días no espazo.

Balandin naceu o 30 de xullo de 1953 en Friazino, no óblast de Moscova. Gradouse en enxeñería no Instituto Bauman de Moscova en 1976. Foi seleccionado como cosmonauta o 1 de decembro de 1978, retirándose o 17 de outubro de 1994 por motivos médicos. Posteriormente foi presidente da Asociación Lendint ata o ano 2000.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Soiuz TM-9

Categoría:Astronautas da Unión Soviética Categoría:Nados en 1953 Categoría:Nados en Friazino