Andrei Sergeyevich Mikhalkov-Konchalovsky (en ), nado en Moscova o 20 de agosto de 1937 é un director, produtor e guionista de cinema ruso.Andrei Konchalovsky . New York Times A principios da súa carreira foi colaborador de Andrei Tarkovskii. É fillo de Natalia Konchalovskaya e Sergey Mikhalkov e irmán do cineasta Nikita Mikhalkov.
Traxectoria Konchalovsky é parte da familia aristocrática Mikhalkov, recoñecida polas súas raíces artísticas e aristocráticas. Cambiou o seu nome por Andrei e tomou o apelidos do seu avó materno, Piotr Konchalovski, como pseudónimo. É irmán de Nikita Mikhalkov e fillo de Sergei Mikhalkov. Estudou durante dez anos no conservatorio de Moscova, preparándose para ser pianista. Non obstante, en 1960 coñeceu a Andrei Tarkovskii co que coescribiu o guión do seu filme Andrei Rublev (1966).
O seu debut como director, Pervyy uchitel, foi recibido favorablemente na Unión Soviética e participou en varios festivais internacionais de cinema. O seu segundo filme, Istoriya Asi Klyáchkinoy, kotóraya lyubila, da ne vyshla zámuzh foi censurado polas autoridades soviéticas. Cando se estreou, vinte anos despois, foi aclamado como a súa obra mestra. Posteriormente, Konchalovsky dirixiu adaptacións de Dvoryanskoye gnezdo de Ivan Turgenev e de Dyadya Vanya de Anton Chekhov. Ambos os filmes foron protagonizados por Innokenti Smoktunovski. O seu filme épico Sibiriada foi recibido positivamente no Festival Internacional de Cine de Cannes e fixo posible que se pudiese mudar aos Estados Unidos en 1980.
As súas producións de Hollywood máis populares foron Runaway Train, baseado nun guión orixinal de Akira Kurosawa e Tango e Cash, protagonizada por Sylvester Stallone e Kurt Russell. Durante a década de 1990, Konchalovsky regresou a Rusia, aínda que ocasionalmente produciu filmes históricos para a televisión estadounidense, entre os que se atopa a miniserie A Odisea e o telefilme The Lion in Winter.
O seu filme de 2003 Dom durakov, ambientado nun asilo psiquiátrico de Chechenia, valeulle un León de Prata no Festival Internacional de Cine de Venecia.
Filmografía Dorogie tovarishchi! (2020) Il peccato - Il furore di Michelangelo (2019) Ray (2016) Belye nochi pochtalona Alekseya Tryapitsyna (2014) The Nutcracker in 3D (2010) Glyanets (2007) The Lion in Winter (telefilme, 2003) Dom durakov (2002) A Odisea (1997) Lumière et compagnie ([1995) Kúrochka Ryaba (1994) The Inner Circle (1991) Tango e Cash (1989) Homer and Eddie (1989) Shy People (1987) Duet for One (1986) Runaway Train (1985) Maria's Lovers (1984) Split Cherry Tree (1982) Sibiriada (1979) Románs o vlyublyónnyj (1974) Dyadya Vanya (1970) Dvoryánskoe gnezdó (1969) Istóriya Asi Klyáchkinoy, kotóraya lyubila, da ne vyshla zámuzh (1966) Pervyy uchitel (1965) Málchik i gólub (1961)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial The Andrei Konchalovsky Production Center
Categoría:Nados en Moscova Categoría:Nados en 1937 Categoría:Directores de cinema de Rusia Categoría:Guionistas de Rusia Categoría:Produtores de cinema