A mangerita é unha rocha ígnea plutónica ou intrusiva, que é esencialmente unha monzonita que contén hiperstena. Está caracterizada pola presenza de mesopertita. Aparece con frecuencia en asociación coa norita, anortosita, charnockita e granito rapakivi en cintos metamórficos do Proterozoico. Tamén forman parte dos chamados plutóns AMCG (acrónimo de anortosita, mangerita, charnockita e granito). Deulle o seu nome Carl Fredrik Kolderup en 1903 pola localidade norueguesa de Manger. Na mangerita poden aparecer os seguintes minerais: feldespato alcalino (mesopertita), plaxioclasio, cuarzo, hperstena, clinopiroxeno, biotita, olivina (faialita, raro) e anfíbolo.
Notas
Categoría:Rochas plutónicas