Kylie Kristen Jenner, nada o 10 de agosto de 1997, é unha personalidade de televisión, modelo e empresaria estadounidense. Dende 2007, protagoniza o programa de telerrealidade Keeping Up with the Kardashians. O seu éxito levouna a ela e á súa familia a alcanzar a fama mundial.http://www.thefutoncritic.com/news/2012/11/15/es-kourtney-and-kim-take-miami-follows-the-sisters-to-the-tropical-climate-of-miami-when-the-series-premieres-january-2013-147110/20121115e01/http://www.eonline.com/news/203757/look-out-new-york-here-comes-e-s-new-kardashian-show. En xullo de 2018 Forbes nomeouna a millonaria por mérito propio máis nova, contando cunha fortuna de máis de 900 millóns de dólares.

Familia O seu pai é o medallista olímpico Bruce Jenner, agora Caitlyn Jenner despois do seu cambio de sexo, e a súa nai é Kris Houghton, quen padeceu diabetes estando embarazada dela. Ten unha irmá máis vella, Kendall e catro medio-irmáns do primeiro matrimonio da súa nai, (Kourtney, Kim, Khloé e Rob).

Kendall estivo nunha relación co cantante de rap Tyga. Na actualidade está nunha relación co tamén rapeiro Travis Scott dende 2017. Produto desa relación naceu a súa primeira filla, Stormi Webster en 2018.

Notas

Categoría:Nados en 1997 Categoría:Nados nos Ánxeles Categoría:Personalidades dos Estados Unidos de América Categoría:Estadounidenses de ascendencia inglesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia escocesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia irlandesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia neerlandesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia galesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia alemá