A casa da Troia (en ) é un filme español rodado en Galicia e estreado en 1959."La casa de la Troya · España 1959" Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes. Foi dirixido por Rafael Gil e baséase na novela homónima de Alejandro Pérez Lugín, que foi un auténtico éxito de vendas desde a súa publicación en 1915. De feito, esta non foi a primeira adaptación do libro: houbo outras anteriores, como a de 1925, producida e dirixida polo propio Lugín. Gran parte das escenas rodáronse en Santiago de Compostela, e contouse cun elenco que integraba algúns dos actores españois máis famosos da época, como Arturo Fernández, Pepe Rubio, José Isbert ou Ana Esmeralda.
Foi dobrado ao galego e estreado na TVG o 7 de febreiro de 1986, dentro do programa Galicia no cine. Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos A Casa da Troia (a novela) Ligazóns externas Versións cinematográficas Museo Casa da Troya. "‘La Casa de la Troya’ e o cinema" Compostela Filmada. Concello de Santiago de Compostela.
Categoría:Filmes de 1959 Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes dirixidos por Rafael Gil Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes ambientados en Galicia Categoría:Filmes baseados en obras de Alejandro Pérez Lugín Categoría:Filmes de 1959 con versión en galego