Mīrābāī ou Mirabai (en devanágari मीराबाई), nada en Kudki (Rajasthan) en 1498 e finada en Dwarka en 1546, foi unha poeta mística hindú do movemento Bhakti. Ela referíase a deus, a quen vía como o seu marido, con diferentes nomes como Satguru, Prabhu Ji, Girdhar Nagar ou Krishna. Debido aos celos, a súa familia política non aprobaba que cantase e bailase publicamente porque pertencía á familia real de Mewarh e era princesa, mais amaba demasiado ao seu deus e sacrificou todo, mesmo a súa familia, por el. É unha venerada santa Bhakti, especialmente na tradición hindú do norte da India.Karen Pechelis (2004), The Graceful Guru, Oxford University Press, ISBN 978-0195145373, páxinas 21-23, 29-30Neeti Sadarangani (2004), Bhakti Poetry in Medieval India: Its Inception, Cultural Encounter and Impact, Sarup & Sons, ISBN 978-8176254366, páxinas 76-80
Mīrābāī naceu na familia real de Merta, en Rajasthan. É mencionada en Bhaktamal, confirmando que era unha figura amplamente coñecida e valorada na cultura do século XVII.Catherine Asher and Cynthia Talbot (2006), India before Europe, Cambridge University Press, ISBN 978-0521809047, páxina 109 A maioría das lenda sobre Mīrābāī mencionan a desconsideración das convencións sociais e familiares, a súa devoción a Krishna e a súa persecución pola súa familia política a causa da súa devoción. Moitos contos e lendas haxiográficas tratan sobre ela, de forma que son inconsistentes entre elas ou moi diferentes nos detalles.Nancy Martin-Kershaw (2014), Faces of the Feminine in Ancient, Medieval, and Modern India (Editor: Mandakranta Bose), Oxford University Press, ISBN 978-0195352771, páxinas 162-178
Templos hindús como o de Chittorgarh están dedicados á súa memoriaUsha Nilsson (1997), Mira bai, Sahitya Akademi, ISBN 978-8126004119, páxinas 1-15 e as lendas sobre a súa vida foron obxecto de filmes, bandas deseñadas e outras obras populares.Edwin Bryant (2007), Krishna: A Sourcebook, Oxford University Press, ISBN 978-0195148923, páxina 242
Traxectoria esquerda|230px|miniatura|Templo a Krishna de Mīrābāī en Chittor Fort, Rajasthan Non existen documentos auténticos sobre Mīrābāī, polo que os estudosos estableceron a súa biografía a través de fontes secundarias que a mencionan. Naceu en Kudki, unha aldea preto de Merta, actualmente no distrito Pali. O seu pai era Ratan Singh, descendente de Rao Rathor (fundador de Jodhpur). Cando tiña tres anos de idade, un sadhu chegou ao seu fogar e deulle ao seu pai unha figura do deus Krishna. O seu pai considerouno unha bendición especial e instalou a deidade no altar familiar. Mīrābāī quedou profundamente apegada a esa imaxe e negouse a comer ata que a deidade lle foi entregada. Comezou a vivir para a súa figura de Krishna, vestíao e comía só a comida que antes lle ofrecera nun prato. Resolveu converter a Krishna no seu único amigo, amante e esposo. Ao longo da súa turbulenta vida, nunca esqueceu esta relación coa figura.
Os seus pais casárona con Bhoj Raj, príncipe de Mewar, en 1516,Usha Nilsson (1997), Mira bai, Sahitya Akademi, , pages 12-13Nancy Martin-Kershaw (2014), Faces of the Feminine in Ancient, Medieval, and Modern India (Editor: Mandakranta Bose), Oxford University Press, , page 165 mais o seu esposo foi ferido nunha das guerras entre hindús e musulmáns no sultanato de Delhi en 1518 e faleceu polas feridas da batalla en 1521. O seu pai e o seu sogro foron asasinados algúns anos despois do seu home, durante unha guerra contra o exército islámico de Babur, fundador do imperio Mughal no subcontinente indio.David Kinsley (1997), Tradition and Modernity in Bhakti Movements (Editor: J Lele), Brill Academic, , pages 88-89SR Bakshi (2002), Mirabai: Saints of India, Criterion, ISBN 978-8179380239, páxinas 42-45, 282-283
Trala morte do seu sogro, Vikram Singh converteuse no gobernante de Mewar. Segundo unha lenda popular, a súa familia política intentara moitas veces executala, enviándolle un vaso de veleno que lle dicían que era néctar ou enviándolle unha cesta cunha serpe en lugar de flores. De acorda ás lendas haxiográficas, non foi ferida en ningún dos casos, coa serpe converténdose milagrosamente nunha imaxe de Krishna (ou nunha grilanda de flores dependendo da versión). Noutra versión da lenda, Vikram Singh pídelle que se afogue ela mesma, o que ela intenta, mais aparece aboiando na auga.Usha Nilsson (1997), Mira bai, Sahitya Akademi, ISBN 978-8126004119, páxinas 16-17 Outra lenda afirma que o emperador mongol Akbar chegou con Tansen para visitala e agasallouna cun colar de perlas, mais os estudosos dubidan deste feito xa que Tansen entrou na corte de Akbar en 1562, quince anos despois da morte de Mīrābāī. Tamén hai historias que din que Ravidas foi o seu gurú (mestre), mais tampouco hai evidencia histórica e a diferenza de cen anos entre as súas datas de nacemento suxiren que foi imposible.
Outras historias afirman que Mīrābāī deixou o reino de Mewar e dedicouse á peregrinación. Nos seus últimos anos viviu en Dwarka ou Vrindavan, onde as lendas contan que desapareceu milagrosamente fundíndose cunha imaxe de Krishna en 1547. A pesar de que os milagres son discutidos polos estudosos pola falta de evidencia histórica, é recoñecido que Mīrābāīdedicou a súa vida a Krishna, compoñendo cánticos de devoción, unha ocupación pouco ortodoxa para unha viúva, que na India eran profundamente desprezadas, e foi unha das máis importantes santos poetas do movemento Bhakti.John S Hawley (2005), Three Bhakti Voices: Mirabai, Surdas and Kabir in Their Times and Ours, Oxford University Press, ISBN 978-0195670851, páxina 128-130
Obra Atribúense a Mīrābāī miles de poemas e loas apaixonadas a Krishna, mais os estudosos só cren que uns centos deles son auténticos, e os rexistros máis antigos suxiren que agás dous poemas, a maioría foron escritos no século XVIII.John Stratton Hawley (2002), Asceticism (Editors: Vincent Wimbush, Richard Valantasi), Oxford University Press, ISBN 978-0195151381, páxinas 301-302 Moitos poemas atribuídos a ela foron posiblemente compostos máis tarde por admiradores seus. Coñécense popularmente como bhajans, e son populares na India.Edwin Bryant (2007), Krishna: A Sourcebook, Oxford University Press, ISBN 978-0195148923, páxina 254
Na cultura popular O compositor John Harbison adaptou as traducións de Bly de Mirabai Songs. Existe un documental titulado A Few Things I Know About Her, dirixido por Anjali Panjabi, e dous coñecidos filmes realizados na India, Meera (1945), filme en lingua támil protagonizado por M. S. Subbulakshmi, e Meera (1979), filme en hindi de Gulzar. A serie Meera (2009–2010) tamén está baseado na súa vida.
A vida de Mīrābāī tamén se describe en Meera—The Lover…, álbum musical baseado en composicións orixinais para bhajans, estreado o 11 de outubro de 2009.Vandana Vishwas: Home
Notas
Véxase tamén
Bibliografía BLY, Robert e HIRSHFIELD, Jane: Mīrābāī: ecstatic poems. Boston (Estados Unidos de América), 2004. LEVI, Louise Landes: Sweet on my lips: the love poems of Mirabai. Nova York, 1997. Ligazóns externas Mīrābāī and Her Contributions to the Bhakti Movement, S. M. Pandey and Norman Zide (1965), History of Religions, Vol. 5, No. 1, páxinas 54–73 Mirabai in Rajasthan, Parita Mukta (1989) Feminist and Non-Western Perspectives in the Music Theory Classroom: A Study of John Harbison's "Mirabai Songs, Amy Carr-Richardson (2002), College Music Symposium, Vol. 42, páxinas 20–36 Without Kṛṣṇa There Is No Song, David Kinsley (1972), History of Religions, Vol. 12, No. 2, páxinas 149-180 "By the Sweetness of the Tongue": Duty, Destiny, and Devotion in the Oral Life Narratives of Female Sādhus in Rajasthan, Antoinette E. DeNapoli (2009), Asian Ethnology, Vol. 68, No. 1, páxinas 81–109
Categoría:Nados en Rajasthan Categoría:Nados en 1498 Categoría:Finados en 1546 Categoría:Cantantes da India Categoría:Santos do hinduísmo Categoría:Compositores Categoría:Poetas